Monforte: presentación de Long Play, de Lois Pérez

O xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), en Monforte, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e no que colabora o propio Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán, xunto ao autor, Xosé Manuel Fernández e Fran Bouso.

Vigo: presentación de Libro dos lugares, de Antón Patiño

O xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, en Detrás do Marco (Rúa Londres), en Vigo, Antón Patiño presenta Libro dos lugares. No acto participan, xunto ao autor, Graciela Baquero Ruibal, X. Carlos López Bernárdez e Xabier Romero, da Editorial Elvira.

Compostela: presentación de Home invisíbel, de Xavier Queipo

O mércores 27 de decembro, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase Home invisíbel, de Xavier Queipo, publicado pola A. C. Caldeirón, obra coa que acadou XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas. Xunto a el estarán a poeta Rosalía Fernández Rial e Cé Tomé, autor das ilustracións do libro.

San Sadurniño: presentación de Anatomía da lingua, de Antón Cortizas

O sábado 23 de decembro, ás 20:15 horas, na Casa da Cultura de San Sadurniño (Avenida do Marqués de Figueroa, 13), preśentase Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), de Antón Cortizas, publicada pola AS-PG e ilustrada por Leandro Lamas, quen acompañará ao autor.