Pontevedra: presentación de O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez

O Luís Rei Núñez O encargo do señor Castelaoxoves 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, Luís Rei Núñez presenta O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez, publicado por Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Museo e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Xosé Enrique Acuña, Ana Acuña, Xaime Toxo e Manuel Bragado. Durante o mesmo, lerán textos da obra Fina Casalderrey como Virxinia e Xosé Álvarez Castro como Castelao, con acompañamento musical de Óscar Ibáñez.

Luz Pozo mergúllase no labirinto borgiano a través da súa última obra Rosa Tántrica

DesdeLuz Pozo La Voz de Galicia:
“Unha vez máis, a poeta ribadense Luz Pozo Garza ten moito que celebrar, porque a pesares de estar a piques de cumprir 94 anos, a autora presentou, no local Portas Ártabras, o seu último poemario, Rosa Tántrica.
A obra, composta por sesenta e tres poemas, é froito duns dez anos de traballo, malia que, como explica Olivia Rodríguez, mestra en Teoría da Literatura na Universidade da Coruña, «Luz foi traballando aos poucos e sempre de forma intermitente neste poemario, de feito sempre andaba a quitar poemas e a engadir outros no seu lugar». Tanto é así, que aínda ca alegría da publicación, «rematar con este libro, con este auténtico labirinto borgiano, supuxo todo un alivio para ela», puntualiza a mestra Rodríguez.
Deste xeito, o libro está dedicado principalmente á figura do escritor arxentino Jorge Luis Borges, e nel, Luz Pozo tenta buscarlle un sentido «á morte, e moi especialmente, á vida despois desta», explica de novo Rodríguez. Como colofón da obra, Luz Pozo atopa as respostas que buscaba ao escribir a obra: a eternidade é real. (…)”

Ramón Nicolás recrea un Medievo luminoso en O espello do mundo

ArtigoRamón Nicolás en La Voz de Galicia:
Ramón Nicolás estivo arroupado na presentación da súa obra na Feira do Libro de Vigo polo subdirector de Xerais, Fran Alonso, a quen agradeceu «multitude de orientacións e consellos xenerosos»; a escritora Marga Romero, «hildegardiana confesa»; e o profesor de tradución e de formación medievalista, José Yuste, en quen o autor recoñeceu a inspiración para atopar «o título exacto da novela». Ramón Nicolás confesou tamén que as súas moitas lecturas como crítico foran deixando un pouso que contribuíu á escrita de O espello do mundo, xa que, como lembrou, «para escribir cómpre ler e cómpre saber ler». Deste xeito, citou algunhas achegas a este período como as de Luísa Villalta ou Darío Xohán Cabana, ademais de citar como influencias as lecturas de textos de autoras como Marilar Aleixandre, Begoña Caamaño ou especialmente Herba moura, de Teresa Moure, e a súa estrutura de patchwork literario.
Para Ramón Nicolás, esta incursión no Medievo é tamén un exercicio de memoria, cun epicentro claro, o de Ramirás: «De memoria quixen falar neste libro, da memoria dun lugar concreto, da memoria dun tempo concreto. A igrexa conservada de San Pedro de Ramirás, e os seus arredores, pedían que se contase a súa historia». O outro eixo de fascinación era Von Bingen, «símbolo do protofeminismo e mesmo da protociencia, da música, da ilustración e de tantos e tantos ámbitos do saber». O autor pechou a súa intervención precisamente cunha cita da mística xermana: «Que os afectos prendan e perseveren nas vosas vidas».”

Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o domingo 10

OFeira do Libro de Vigo 2016 domingo 10 de xullo finaliza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:

Domingo 10
18:30 h. Actividade musical infantil de Servando Barreiro arredor do libro A música das árbores, publicado por Xerais.
19:45 h. Presentación de Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas, publicada por Difusora. Participa, xunto á autora, Roberto Pascual. Haberá unha represenación teatral de fragmentos da obra, a cargo de Mercedes Pimentel e Raquel Lodeiros.
20:30 h. Actuación de Cándido Pazó, co seu espectáculo Trangallada en homenaxe a Xosé Neira Vilas.