Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación do Boletín nº 373 da Real Academia Galega, sobre a figura de Valentín Paz Andrade
Rianxo: mesa redonda sobre A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe
Narón: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
O venres 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Day (Estrada da Gándara, 141), de Narón, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado por Xerais. No acto, organizado por Queremos Galego Narón, participará o propio autor.
Vigo: presentación de Rastros con enrugas, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Pontedeume: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga
O xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Praza do Convento, 2), preséntase A distancia do tambor, de Eva Veiga, publicado por Espiral Maior. No acto participan, xunto á autora, Nicolás Vidal e Miguel Anxo Fernán Vello. Haberá tamén unha actuación do Grupo Ouriol, cos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á voz de Eva Veiga.
Vigo: presentación de Nestes Días, de María N. Soutelo
O xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Nestes Días, de María N. Soutelo, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar.
Compostela: presentación de Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos
O mércores 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Berta Dávila, Iago Martínez e Víctor F. Freixanes.