Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o venres 22

DoFeira Libro Bos Aires Compostela cidade convidada 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente, desenvolverán un programa de traballo onde, entre outros actos, o presidente da AELG participará nunha mesa redonda titulada Diálogo de autores arxentinos e galegos, que compartirá con Graciela Aráoz, da presidenta da Sociedad de Escritoras y Escritores de Argentina (SEA), o luns 25 de abril, ás 18:00 g. Farán unha presentación das respectivas entidades e compartirán as inquedanzas das dúas entidades e as ferramentas de traballo e interconexión entre os profesionais das palabras. Dúas visións desde as dúas beiras do Atlántico. Tamén na súa calidade de presidente sumarase á iniciativa da Fundación Manuel María Manuel María na túa voz, lendo o día 23 de abril poemas do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas no Festival Internacional de Poesía organizado pola FILBA ás 18:00 h.
Pola súa banda, Ledicia Costas, vogal da AELG, participará o domingo 24 ás 16:00 horas no encontro “Pontes literarias sobre o Atlántico”.

Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o venres 22 de abril:
10:00 h. Ledicia Costas participa nun diálogo con estudantes do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol.
18:00 h. Coloquio sobre Luís Seoane na Arxentina. No Stand de Galicia. Participan: Silvia Dolinko, irmáns Leirado e Víctor F. Freixanes.
18:30 h. Conferencia de Teresa Moure: A literatura galega como produto cultural contra-poder. Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina.
19:00 h. Presentación de Francisco Luis Bernárdez. Poeta de fe, leal a Galicia, publicado polo Centro PEN Galicia. Coloquio sobre o escritor e proxección audiovisual de Xan Leira. Con Luís González Tosar, Antonio Requeni e José Luis Moure.
19:30 h. Proxección audiovisual e coloquio sobre Dúas letras, de Fina Casalderrey. No Centro Galicia. Participan, xunto á autora, Carlos Brandeiro e Víctor F. Freixanes.
20:00 h. Asociación Galega de Editores. Stand. Análise da industria editorial galega. Con Laura Rodríguez, Henrique Alvarellos e Benigno Paz.
20:30 h. Lectura e presentación de O último día de Terranova, co seu autor, Manuel Rivas, publicado en Xerais. Sala Leopoldo Lugones (Pavillón amarelo).

Cambados: “Océano para Terrícolas”, espectáculo arredor de Contos do mar de Irlanda, con Xurxo Souto

OXurxo Souto venres 22 de abril, a partir das 20:30 horas, na Confraría de Pescadores de Cambados, Xurxo Souto protagoniza a performance interactiva Oceáno para terrícolas, baseada no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.

Compostela: D4a4, con Eduardo Estévez, Rosalía Fernández Rial, Miguel Mato e Paco Souto

OVide Vide abril 2016 venres 22 de abril, ás 20:30 horas, no Vide, Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo), en Compostela, terá lugar o evento D4a4: 4 obras | 4 autor@s | 4 editoras, onde se presentarán Entrar na casa, de Eduardo Estévez, publicado en Estaleiro; Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas; Terra fría, de Miguel Mato, publicado por Caldeirón; e e Caín, de Paco Souto, publicado en Laiovento. A entrada é libre.

A Coruña: presentación de Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal

OFidel Vidal venres 22 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Fidel Vidal presenta a súa novela Un asasino felizmente casado. No acto estará acompañado por Ánxel Vázquez de la Cruz, Manuel Fernández Blanco e Miguel Anxo Fernán-Vello.

Vigo: presentación de Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso

OÁlex Alonso Tempos de bebidas isotónicas e fast-food venres 22 de abril, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240) de Vigo, preséntase Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa curta Ánxel Fole, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marcos Calveiro e Manuel Bragado.

A Coruña: presentación-coloquio sobre Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María, con Mercedes Queixas

OMercedes Queixas 3 mércores 20 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do Ágora, na Coruña, terá lugar a presentación-coloquio sobre Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas, publicado en Galaxia. No acto, con entrada libre, haberá un encontro da escritora cos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Vigo: presentación de Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, de Manuel Monge

OManuel Monge xoves 21 de abril, ás 19:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Edicións Laiovento e a propia libraría presentan Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo, de Manuel Monge. No acto, xunto ao autor, participa Telmo Comesaña.