O venres 22 de febreiro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase o libro Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez, publicado pola Deputación de Pontevedra. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, participan, xunto á autora, Antonio Soliño Troncoso, Fernando Guitián Guitián e Rafael Louzán.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación de Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial
O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 horas, no café Llave de oro (Avenida das Camelias, 112) de Vigo, preséntase Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. No acto participará a autora do libro.
Santa Cruz, Oleiros: presentación do libro colectivo Banqueiros
O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 h., no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, Oleiros, preséntase o libro de teatro de autoría colectiva Banqueiros, publicado por Laiovento. No acto participarán o coordinador e prologuista do libro, Francisco Pillado, unha das autoras, Diana Varela Puñal, e Esther Garrido Pan, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros.
A Coruña: presentación de Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte e Guía dos Penedos de Pasarela e Traba
A Coruña: presentación do DVD Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade
O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase o DVD Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade. No acto intervirán Tucho Calvo, José María Paz Gago e Gonzalo E. Veloso, director do documental.
Santiago: presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
O mércores 20 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado en Xerais. No acto intervirán, xunto ao autor María Xesús Nogueira, Luís Ferreiro e Manuel Bragado.
Cacheiras, Teo: presentación do número 54 da Revista Galega de Educación
Santiago: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Ferrol: lanzamento de Viagem ao Curdistám, de Séchu Sende
Lugo: presentación de Sinistra deixa, de Isidro Novo
O venres 15 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase Sinistra deixa, de Isidro Novo, publicada en Toxosoutos. No acto, xunto ao autor, participa José Luis Calvo.