O
xoves 5 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar, publicado en Xerais. No acto participan Santiago González Avión, Xosé Manuel González Reboredo, Manuel Bragado e o editor do mesmo, Manuel Blanco Desar.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Antonio Tizón: “A novela negra é tamén unha forma de retratar unha sociedade corrupta”
Compostela: presentación de Espectros, de Rosa Enríquez
O
mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, Rosa Enríquez presenta o seu novo libro de poemas, Espectros, publicado pola editora O Figurante. No acto, xunto á autora, participan María do Cebreiro e Ismael Ramos.
A Coruña: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
O
mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase A antesala luminosa, de Antonio Tizón, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo e Manuel Bragado.
Póvoa de Varzim: presentación de Silêncio da Gaveta, coa participación na obra de Cruz Martínez
Vigo: presentación e recital de Lúa Plenur, de Alfonso Rodríguez
Mondoñedo: presentación de Fala das Musas e outros poemas, de Daniel Pernas Nieto, en edición de Armando Requeixo
Vigo: presentación do Boletín nº 373 da Real Academia Galega, sobre a figura de Valentín Paz Andrade
Rianxo: mesa redonda sobre A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe
Narón: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
O
venres 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Day (Estrada da Gándara, 141), de Narón, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado por Xerais. No acto, organizado por Queremos Galego Narón, participará o propio autor.





