Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ourense: actos destacados do xoves 4 na Feira do Libro
O
xoves 4 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:30 h. Alfonso Vázquez Monxardín, Patricia Chachero e outros autores presentan Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía, da Fundación Otero Pedrayo. Participa Víctor Fernández Freixanes.
– 20:30 h. Ramón Caride presenta O frío azul, da colección Alcaián, de Urco Editora.
Ferrol: presentación de Lúa Plenur, de Alfonso Rodríguez
Ourense: actos destacados do mércores 3 na Feira do Libro
O
mércores 3 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 20:00 h. Presentación do libro premiado na XXX edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense: Luz extinta, de Xavier Rodríguez Baixeras.
– 20:45 h. Presentación do libro gañador na XV edición do Premio Risco de Creación Literaria: A verdade nos espellos, de Pablo Rubén Eyre.
Meira (Moaña): presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
Santa Cruz, Oleiros: presentación de Falando claro, de Pepe Sendón
Noia: presentación de dun lago escuro, de Marta Dacosta
O
venres 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro, de Marta Dacosta, publicado en Xerais. No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participa, xunto á autora, Manuel L. Rodríguez.
Taragoña, Rianxo: presentación de Celebración, de Gonzalo Hermo
Melide: presentación de Galicia Encantada, con Antonio Reigosa
O
venres 29 de maio, ás 20:00 horas, no Museo da Terra de Melide (Praza do Convento), preséntase Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, editado por Antonio Reigosa en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Avelino Gonzalez.





