A Coruña: presentación de Melíflua Moradía, de Lino García Salgado

O venres 9 de novembro, ás 20:30 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), preséntase o libro Melíflua Moradía, de Lino García Salgado, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto, o autor estará acompañado por Alberte Momán.

Vigo: presentacións de Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez

O xoves 8 de novembro, ás 11:30 horas, na Facultade de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, preséntase o libro Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, publicado en A Porta Verde do Sétimo Andar. No acto, xunto á autora, participan Miguel Á. Alonso Diz, Xina Vega e Manuel Forcadela.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, no Café De Catro a Catro (Rúa Xirona, 3), tamén en Vigo, terá lugar outro acto de presentación, coa intervención de Alfonso Láuzara, Paz Raña, Begoña Outeiro, Xina Vega e a propia autora.

Moaña: presentación de Monicreques, de Xosé Daniel Costas

O xoves 8 de novembro, ás 21:00 horas, na Casa da Música de Moaña, preséntase o novo poemario de Xosé Daniel Costas, Monicreques, que obtivo o X Premio de poesía Novacaixagalicia. Tras a presentación o autor recitará poemas da obra acompañado da intervención musical da Zalo Carballo e a presenza de Xosé Manuel Millán Otero.

Pontevedra, Santiago e Vigo: presentacións de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho

xoves 8 de novembro, ás 20:15 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina) de Pontevedra, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian. O sábado 10 de novembro, ás 12:30 horas, fará o propio na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, e ás 20:30 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo.

Santiago: presentación de Nântia e a Cabrita d’Ouro, de Concha Rousia

A cuarta feira 7 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago, preséntase Nântia e a Cabrita d’Ouro, de Concha Rousia, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Marilar Aleixandre.

Santiago: presentación do número 5 da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico

O mércores 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o número 5 da Revista-Anuario de Filosofía Roteiros. Arumes de pensamento crítico, editada por 3C3 Editores e a Asociación Cultural de Pensamento Filosófico. No acto intervirán os profesores e membros do Comité de Redacción Manuel Rivas García e Moisés Lozano Paz, Manuel Dios Diz e X. Amancio Liñares Giraut. O volume con artigos de Manuel Dios Diz, Miguel Á. Martínez Quintanar, Luís G. Soto, Moisés Lozano Paz, Manuel Rivas García, X. Luís Martínez Costas, Gonzalo Navaza e María Bascuas.

Santiago: presentación de A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar

O martes 6 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, María Solar presenta o seu novo libro, A verdadeira historia da mosca da tele, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada polo seu editor, Francisco Castro.