Celebrando o aniversario de Lois Pereiro por todo o mundo

Desdelois-pereiro Sermos Galiza:
“Hoxe Lois Pereiro cumpriría 58 anos, polo que amigos en todo o mundo organizan unha serie de actos até finais de mes en homenaxe baixo o título de Cicloxénese Cultural Explosiva.
Iso inclúe un ciclo de conferencias e intervencións na Universidade de Vigo, exposicións en Monforte e nas Universidades de California (UCLA) e Connecticut (UConn), concertos en Nova York e un recital escénico na Coruña.
Os actos comezaron onte segunda feira no pavillón central da Universidade de Vigo, coa inauguración da exposición “Siluetas Furtivas: I Certame Cicloxénico de Ilustración e VideoCreación”, unha performance e estrea en España do documental Desaparecidos, de Carla Navi.
Hoxe as actividades durarán todo o día e estarán centradas na música. As Siluetas Furtivas son obras gráficas ou audiovisuais sobre a vida ou a obra do poeta monfortino que remitiron distintos artistas ata o 31 de xaneiro. Desde entón, nas redes sociais foise realizando unha votación para seleccionar as favoritas, que son as que se expoñerán na Uvigo, UCLA, Uconn e Monforte. As favoritas de público e xurado levarán premios cedidos por artistas como Antón Patiño ou Emilio Cabezas, ou por iniciativas como Curtopía, Revista Luzes e BöömDïäS. Tamén serán editadas por Astromántica Cartoneira.
En NY, os grupos musicais Fluzo e Xenderal actuarán esta fin de semana no Palisades de Brooklyn e no Silvana de Harlem baixo o título Galician Cultural Cyclogenesis. Finalmente, na Coruña, a finais de mes, Lino Braxe dirixirá un recital escénico coa participación da xeración máis nova de creadores, chamado 20 voces por L@is, en referencia a que este ano tamén se cumpre o 20 aniversario do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2011.”

A Coruña: María Lado e Lucía Aldao presentan Pendanca e oso

OAldaolado Pendanca e oso venres 12 de febreiro, a partir das 20:30 horas (apertura de portas), na Nave1839 (Estación de Trens, s/n), na Coruña, Lucía Aldao e María Lado, Aldaolado, estrean o recital Pendanca e oso, unha fábula aldaolado sobre o amor. A entrada custa 5 euros.

Lugo: presentación de Dez anos na Porta. Antoloxía poética 2005-2015

ODez anos na Porta venres 29 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Libraría Biblos (Salvador de Madariaga, 1, Local 4) de Lugo, preséntase a antoloxía Dez anos na Porta, editada por A Porta Verde do Sétimo Andar. No acto haberá un recital de poesía e música.

12642957_10153811744178971_7017754155946369244_n

A Coruña: recital de Miguel Mato e Juan Carlos Mestre no Ciclo Poetas Di(n)versos

OMiguel Mato lunsJuan Carlos Mestre 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Miguel Mato, quen recitará acompañado pola música de guitarra de Brais Morán, e o poeta do Bierzo Juan Carlos Mestre, quen tamén tocará o acordeón.