[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ccVXdjlvMsM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]O sábado 24 de xaneiro, ás 20:00, A casa do poeta (Juan Carballo, poemas; Moncho Núñez, cancións) fará unha parada no Ateneo Ferrolán. (Ateneo Ferrolán)
Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: recital de Xavier Seoane e Manuel Rivas
Hoxe martes 20 ás 20:00 no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18 – 1º) terá lugar un recital poético a cargo de Xavier Seoane e Manuel Rivas dentro do ciclo “A palabra na voz de quen a crea”, que conmemora o 25 aniversario do colectivo “De amor e desamor”. A serie de recitais proseguirá ao longo dos próximos meses. A entrada é de balde até completar aforo. (A Coruña Cultura)
O grupo poético De Amor e Desamor celebra os seus 25 años
«Durante este ano, os segundos martes de cada mes, a sede da asociación cultural Alexandre Bóveda, na Coruña, acollerá un recital poético para celebrar os 25 anos do grupo De Amor e Desamor. Esta xeración xurdía na cidade coruñesa en 1984 e reunía a poetas que van desde o falecido Lois Pereiro ata Monterroso Devesa, pasando por Xavier Seoane, Manuel Rivas, Lino Braxe, Pilar Pallarés, Miguel Mato e Salinas Portugal. Estes autores publicaron entón un poemario actualmente descatalogado.[…]» (La Voz de Galicia)
Cabanas Raras (Bierzo): exposición e recital de Igor Lugris
«A expo “poesia para Ver/poesia para Ler”, volta para casa. Estará uns dias na Casa da Cultura de Cabanas Raras, no Bierzo, antes de iniciar nova viagem, desta vez a Ferrol, onde estará no mês de Fevereiro (mas disso já falaremos nos próximos dias). O Sábado 17 faremos um recital, às 18.30h., na mesma Casa da Cultura. A expo estará ali até o dia 23 de Janeiro para quem a queira visitar.» (Ovnis e Isoglossas)
XX Aniversario d’ A Pipa de Becerreá
IMPLÍCATE, Noite de música e palabra solidaria
A ONG galega IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO organiza un ano máis IMPLÍCATE! Noite de música e palabra solidaria. O espectáculo celébrase o vindeiro domingo 14 de decembro ás 20.30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e contará coa partipación de Yolanda Castaño e Luís Tosar como presentadores, a música de Xabier Díaz, Iria Piñeiro e The Homens, a danza de Disque Danza e María Reimóndez, o teatro de Celso Parada e Patricia Vázquez e a poesía de María do Cebreiro, Marga do Val, Xavier Cordal e Celso Fernández Sanmartín. As entradas están dispoñibles no servizo de venda de Caixa Galicia e no propio teatro. Os cartos que se recaden no IMPLÍCATE serán destinados ao proxecto Corredor de Desenvolvemento que IMPLICADAS ten en marcha no estado de Tamil Nadu, na India.
Compostela: recital de Iolanda Aldrei
Será no Modus Vivendi, en Compostela no dia 12, 21:00 h. Recital de poemas de Iolanda R. Aldrei, fotografias, música e afectos… (Terra Verde)
Vídeo: Lucía Aldao, María Lado e Estevo Creus no Xarabal do Roncudo
Vídeo recentemente publicado por María Lado sobre O Xarabal do Roncudo 2007, semana cultural organizada en Corme por varias asociacións da Costa da Morte. (Casatlántica)
Compostela: presentación de Palabras extremas: Escritoras gallegas e irlandesas de hoy
O venres 21 de novembro, ás 20:00 na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes), terá lugar a presentación de Palabras extremas: Escritoras gallegas e irlandesas de hoy (Netbiblo), con edición de Manuela Palacios González e Helena González Fernández. Intervirán Antonio Raúl de Toro Santos (Editor Xeral da colección Irish Studies), Arturo Casas (especialista en literatura comparada e escritor), Manuela Palacios e Mª Xesús Nogueira (Proxecto “Poesía e Xénero”).
Ao acto de presentación seguiralle un recital de poesía coa participación de María do Cebreiro, Chus Pato e Ana Romaní.
Muxía: Voces poéticas contra a violencia de xénero
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía organiza un acto de sensibilización contra a violencia de xénero, apostando por unha educación na igualdade ao longo de todo o ano.
Intervirán: Carmen Adán (Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia), Ánxeles Sánchez (Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Muxía) e.Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor).
Ademais, ofrecerán un recital de poesía Marilar Aleixandre, Marga do Val, Antía Otero, Enma Couceiro e Marica Campo. A música en vivo estará a cargo de Luís Martínez (piano) e Rosalía Vázquez (violonchelo).
Ver programa.
