Arquivo da categoría: Sociedade
Lugo, Compostela, Catoira, Silleda e Vilalba: presentacións de libros con Carlos Callón
Lugo: apresentação de Terra a nossa!, de Antom Santos
A Coruña: encontros literarios do clube de lectura da UDC Nébeda, con Ánxela Lema París
O 24 de abril, ás 16:00 horas, na Sala Xoana Torres da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Ànxela Lema París, doutora e profesora na Facultade de Filoloxía da UDC, participará nos encontros literarios do club de lectura Nébeda da UDC. Falará de identidades non hexemónicas, das alianzas entre o capitalismo e as monogamias, de maternidades non-monógamas e de moito máis, da man dunha das coordinadoras do libro O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias.
A Coruña: palestra “Luces da heterodoxia”, por Carlos Pereira Martínez
A Coruña: “Tecer redes desde a língua”, con Natalia Cea Rodríguez
O 23 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Corunha, Natalia Cea Rodríguez falará sobre “Tecer redes desde a língua“. Esta atividade enquadra-se dentro do ciclo Aula Aberta, feita em colaboraçom com o Grupo Illa da UDC.
Compostela: XXXIV Xornadas de lingua e literatura
Carlos Callón: “O portugués nace nunha entidade política chamada Reino de Galiza”
Ferrol: presentación de As benfaladas, de María Xosé Porteiro
María Xosé Porteiro: “Hai unha regresión do feminismo polos ataques do patricarcado, tralo 2018 asustamos”
Entrevista de María Solar a María Xosé Porteiro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“(…) “Non podo crer que aínda teña que levar esta maldita pancarta”. Iso dicía unha manifestante da marcha das mulleres de Toronto no 2017. Onte mesmo, as mulleres volvemos levar a pancarta, e así cada ano. As benfaladas é un ensaio de María Xosé Porteiro que reflexiona sobre a voz das mulleres, analiza a súa presenza e dá alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa. O pasado ano os talibáns prohibiron a voz das mulleres nos espazos públicos. Falar, cantar, ler, recitar. Unha lei condenada pola ONU, pero que se puxo en marcha. Foi o detonante para que María Xosé Porteiro comezara a escribir este ensaio, que, en realidade, leva toda a vida escribindo. A entrevista pode verse aquí.”