As
III Xornadas de Literatura de Tradición Oral, organizadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), co patrocinio da Deputación de Lugo. Vicepresidencia Primeira, reunirán na cidade de Lugo (no Salón de Actos da Deputación de Lugo, rúa San Marcos, nº 8) entre o venres 5 e o sábado 6 de novembro, a unha serie de expertos ao redor do tema Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e fantasmas, baixo a coordinación xeral de Antonio Reigosa e Isidro Novo. O programa é o seguinte:
Venres 5 de novembro.
17:00 h. Inauguración, coa presenza de Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.
17:10 h. Conferencia As narrativas sobre a morte na cultura tradicional galega: estratexias de posta en valor, por Marcial Gondar Portasany.
18:10 h. Conferencia Da morte á Morte na cultura popular catalá, por Joan Soler.
De 19:10 a 20:00 h. Mesa redonda sobre A morte pre-vista. Participan: Marcial Gondar Portasany e Joan Soler i Amigó. Modera: Antonio Reigosa.
Sábado 6 de novembro
10:30 h. Conferencia Representación da morte na narrativa oral, por Camiño Noia.
11:30 h. Conferencia Ánimas, aparecidos e mortos en compaña na tradición galega, por Xoán Ramiro Cuba.
De 12:30 a 13:30 h. Mesa redonda sobre Mortos de ida e volta. Participan: Camiño Noia e Xoán Ramiro Cuba. Modera: Isidro Novo.
13 de outubro ás 19:30 h. inaugúrase a exposición A Coruña na creación do libro galego, que estará aberta até o domingo 21 de novembro (todos os días en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.). En 1810, hai agora douscentos anos, imprímese na cidade da Coruña o primeiro libro en galego, tres anos depois edítase o primeiro supervendas da literatura galega, pero é no período 1885-1931 cando se configura nesa cidade a moderna empresa editora. A partir de 1885, a Biblioteca Gallega de
o título Memoria da chaira enteira, a Irmandade Manuel María celebrará o vindeiro 8 de setembro en Penas de Rodas -cerca de Rábade- a homenaxe ao poeta chairego, falecido no 2004. A homenaxe, que comeza 17:00 h., coincide coa axilización dos trámites para constituír a Fundación Manuel María, que terá a súa sede na Terra Chá, na mesma casa onde nacera no 1929. A deputación de Lugo e concellos como o de Monforte, onde pasou parte da súa vida, están directamente involucrados neste proxecto, presentado xa en distintas cidades de Galicia pola súa viúva, Saleta Goi. En Penas de Rodas, distintos poetas recitarán versos de