Cornellà: presentación da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, feita por Anxo Angueira

O Anxo Angueirasábado 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto, preto da ACG Rosalía de Castro (Frederic Soler, 71), en Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado pola ACG Rosalía de Castro de Cornellá con motivo do 30º aniversario do Certame de Poesía “Rosalía de Castro” e o peche das xornadas culturais 2016, participarán Anxo Angueira e o dúo “2 Na Fronteira”.

Sae do prelo a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas

Desdefollasnovasenglish2 Cultura Galega:
“Small Stations Press e a Xunta de Galicia acaban de presentar ao público a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas, de Rosalía de Castro. New Leaves ve a luz nunha tradución da poeta canadense Erín Moure, que xa se encargara de trasladar Cantares gallegos, no marco da colección “Galician Classics”. O lanzamento súmase a outros títulos xa integrados nesta colección, como son Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma de Lois Pereiro, Nimbos, de Díaz Castro e Cantares gallegos, da propia Rosalía. Con anterioridade a esta edición, a editorial viguesa Trymar presentara en 2014 unha versión bilingüe inglés-galego desta mesma obra, con tradución de Xosé Carlos Morell. Do mesmo xeito, diferentes poemas do libro viran a luz na lingua de Shakespeare en distintas antoloxías e artigos.”

Compostela: mesa redonda As Irmandades da Fala e a prensa

O13495001_1220197358014592_2751403240063445939_n martes 19 de xullo, ás 19:30 horas, no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), en Compostela, terá lugar a mesa redonda As Irmandades da Fala e a prensa, organizada pola Real Academia Galega. Interveñen Margarita Ledo (Pensar un modelo de comunicación), Carme Vidal (As mulleres no voceiro das Irmandades) e Xan Carballa (A prensa, escaparate das Irmandades), moderados por Víctor Freixanes.

mesas 19_xullo.indd

Miguel Anxo Seixas: “Ten que haber dous orixinais do Álbum Nós”

EntrevistaMiguel Anxo Seixas Seoane a Miguel Anxo Seixas en Sermos Galiza:
“- Sermos Galiza (SG): Que che parece a aparición dos orixinais do Álbum Nós?
– Miguel Anxo Seixas (MAS): Polos datos que eu tiña para min é unha sorpresa, porque o último rastro que se nos transmite por escrito a través de Núñez Búa e de Isaac Díaz Pardo é que o álbum orixinal, ou un dos álbums orixinais, estraviouse en Bos Aires. Extraviouse non, foi entregado a unha persoa e non llo devolveu a Castelao e este morreu un pouco entristecido con esa pena, ao ver que non llo devolvían porque ía facerse unha edición da súa obra gráfica completa.
– SG: Entón ti cres que hai dous orixinais?
– MAS: Claro. Por que nos falan dun orixinal que el tiña alá e que lle causou disgusto que non llo devolveran? Probablemente tivese outro álbum onde elaborou os seus debuxos, ao mellor imprimiu con eles a edición do 31 de Hauser y Menet e ese regaloullo a alguén, quedou en Pontevedra, e ese segundo orixinal, por chamarlle dalgunha maneira, é o que se expón despois en Moscova, en Montevideo, en Nova York… Non creo que andivera exhibindo un álbum en copia. O problema é: como lle chega a Castelao, que vai cun cepillo de dentes, por usar unha metáfora, a Madrid en 1936 a entregar o Estatuto? Eu sospeito que a irmá de Virxinia, que se chamaba Clemencia, como tiña acceso á chave, que vivían porta con porta, puido acceder durante algún tempo a esas cousas, rescatouno e fíxolle chegar un montón de cousas a Castelao, porque -insisto- tivo que ir cunha muda. Descubrimos que Castelao en Bos Aires ten As Cruces de Pedra, o Álbum Nós, o álbum de autocaricaturas… É dicir, alguén apañou estas cousas e fíxollas chegar. Non sei se a Madrid ou a Bos Aires, e a única persoa que creo que puido acceder por ter a chave é a súa cuñada. (…)
– SG: Para alguén que non sexa experto na materia, cal é a importancia destes dous orixinais?
– MAS: Importancia ten, porque é revelador da historia da cultura galega. Ti podes pintar unha Galiza bonita, como facía Lloréns, ou unha Galiza ideal, como a que pinta Álvarez de Soutomaior, pero el fai unha radiografía da realidade galega, que non se vía, cos seus problemas, coas súas eivas, coas nosas propias culpabilidades. É a primeira vez que se presenta unha Galiza que se ocultaba. E hai outra Galiza que estaba aí e el tivo a valentía de poñela. Antes púxoo Rosalía, Curros e Lamas Carvajal en forma de poemas? Si, pero en imaxe ninguén o expuxera así. E iso impactou, claro. E ao mesmo tempo, con pé, facendo pensar. El non se posiciona, é o espectador o que ten que tomar posición. É unha síntese de moitos anos. Antes de facer o álbum, foi lanzando eses debuxos na Nosa Terra, na Voz de Galicia de Buenos Aires, e ao final fai unha síntese, como unha especie de radiografía, de informe da realidade galega, moi independente, moi intelixente, cuns pés que fan pensar. (…)”

Compostela: mesa redonda Oratoria e prosa non ficcional do tempo das Irmandades

O13495001_1220197358014592_2751403240063445939_n xoves 7 de xullo, ás 19:30 horas, no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), en Compostela, terá lugar a mesa redonda Oratoria e prosa non ficcional no tempo das Irmandades, organizada pola Real Academia Galega. Interveñen Arturo Casas, Xesús Alonso Montero e Teresa López, moderados por Henrique Monteagudo.

Mesas_debate_Santiago_IIFF

Ars dedicandi: Manuel García Paz

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“A figura de Manuel García Paz é unha das tantas que agardan ser recuperadas nas nosas letras. Nacido en Compostela o 26 de maio de 1895, tivo unha vida azarosa na que, logo de estudar na súa cidade natal, marchou vivir a Vigo para, aínda mozo, comezar a traballar de aprendiz no Faro de Vigo primeiro e logo en Nueva Prensa de Heraclio Botana.
Iniciou a carreira eclesiástica, que logo abandonou en favor de Filosofía e Letras para facerse profesor de instituto, oficio que exerceu en diversas localidades de Galicia e fóra dela, pois xubilouse en Pozoblanco, Xaén, o mesmo lugar no que finou en 1990 afastado da vida literaria que cultivou cando novo.
Como autor, á parte dun conto en Nós (“O abade Mouriño”) do ano 1931, é lembrado pola narración IV Melodía. Desfíe de campesiñada galega, libro de 1935 publicado en Ourense con prólogo de Jacinto Santiago, profesor nesta cidade da Escola Normal primeiro e da Escola de Artes e Oficios despois.
Xustamente este volume é o que aquí figura dedicado a un terceiro profesor, Antonio Couceiro Freijomil, para máis sinais inspector de Ensino, de aí que nas liñas que lle escribe García Paz o trate de “compañero”.
É sabido que Manuel García Paz deixou escritos outros tres libros ou Melodías. Oxalá algún día se recuperen, pois, como parte do patrimonio literario galego, son un ben comunal que merece coñecerse.”

ars_dedicandi_manuel_garcia_paz-novo