Contos pequenos para saír do abicedo, intervención de Armando Requeixo no acto conmemorativo do cincuentenario de Victoriano Taibo

DesdeArmando Requeixo 2015 o Instituto de Estudos Miñoranos:
“Victoriano Taibo naceu na cerna do país, foi durame desa terra na que medrou cando neno, aprendendo da xente nosa os xeitos e os dicires, os contos e os cantos que oíu dende cativiño na fonda que os seus pais rexentaban na Algalia compostelá.
Por iso, cando chegou a mozo quixo estudar para ser ensinante e devolverlle ao pobo todo o que fora e ía del asimilando. E cando principiou a se atrever a dar a coñecer os primeiros escritos, afirmou o seu sentir sen dubitacións declarándose “un rexionalista de toda a vida e case fanático”.
Aquel rapaz que a primeiros dos anos dez enviaba os seus versos a Vida Gallega e Ilustración Gallega de Vigo, á Gaceta de Galicia de Santiago, ao xornal El Ratón de Vilalba e mesmo a Estudios Gallegos de Madrid e Labor Gallega de La Habana foi dos cabezaleiros en dar un paso adiante e, en resposta o que días antes fixeran os seus compañeiros coruñeses, converteuse nun dos fundadores das Irmandades da Fala de Santiago. Corría o 28 de maio de 1916, hai agora practicamente cen anos, e Taibo contaba pouco máis de trinta.
E é que Taibo se sentiu sempre un poeta das Irmandades, pois non en van se comprometeu coa súa causa como secretario das mesmas en Compostela e, como tal, asistiu ás súas asembleas, carteouse con destacados líderes nacionalistas galegos e cataláns e despregou un importante labor como orador e articulista defensor dos seus ideais. Sigue lendo

Pontevedra: actos destacados do martes 5 e mércores 6 na Feira do Libro

O Feira do Libro de Pontevedra 2016martes 5 de abril comeza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados:

Martes 5:
19:00 h. Pregón a cargo de Alberto Fortes, quen ao remate asinará exemplares de O dobrón de a oito, publicado por Xerais.

Mércores 6:
18:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz.
19:00 h. Presentación de Tempo de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
20:00 h. Presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicado por Xerais, en edición de Anxo Angueira. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.

A Coruña: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

ORosalía de Castro Follas Novas Anxo Angueira xoves 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, participan, xunto ao autor do estudo crítico da obra, Pepe Barro e Dores Tembrás.

Cangas: conferencia-presentación de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro

ORosalía de Castro Follas Novas Anxo Angueira mércores 16 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar una conferencia de Anxo Angueira sobre a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, publicada en Xerais. O acto está coorganizado pola editora e a Concellería de Cultura do Concello de Cangas.