O sábado 29 de xuño, a partir das 19:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas:
Presenta: María Armesto.
– 19:15 h. Feminismos. A historia cóntana as vencedoras, de Anna R. Figueiredo
A historia cóntana as vencedoras é un traballo divulgativo para animar ás mulleres máis novas a coñecer o movemento feminista e profundar nel.
– 19:30 h. Chámame señora pero trátame coma a un señor, de Inma López Silva.
Chámame señora pero trátame coma a un señor, lonxe de ser un ensaio ao uso é unha memoria personal do machismo na cultura, se se quere, unha perda da inocencia, unha ruptura con certos silencios, mesmo un balance de máis de vinte anos de dedicación á literatura.
– 19:45 h. Ám@me. Pensar o amor no século XXI, de Chis Oliveira e Amada Traba.
Ám@me é un traballo divulgativo sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz e nos que compre desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos e nunha sexualidade condicionada pola pornografía.
– 20:15 h. Debate. Conduce: Gaila Fernández Mariño.
– 21:00 h. Espectáculo: 15 minutos. Actriz e Directora: Mónica Sueiro.
– 21:20 h. Clausura.
Representante da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas. Colabora: Dª Paula Tenorio, Directora do CIM de Cangas.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 29 e 30 de xuño
O 30 de xuño continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 29
– 12:00 h. Isabel Villanueva asina O galego mola, na caseta da Libraría Don Papel.
– 13:00 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, espectáculo musical de Xurxo Souto.
– 13:00 h. Raquel Castro estará asinando exemplares de A formiga fóra do carreiro, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Pedreira.
– 17:30 h. Presentación de Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, publicado por Embora.
– 18:00 h. Marcos Viturro Gómez asina Patadas na boca, na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
– 18:15 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
Domingo 30
– 18:00 h. Gabriel G. Esteves asina Matrioskas na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
– 18:00 h. Concerto de presentación de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Héctor Cajaraville asina na caseta da Libraría Pedreira.
O Porriño: entrega do II Premio Roberto Vidal Bolaño
A Coruña: presentación de A plus tard, de Ronsel Pan
O sábado 29 de xuño, ás 12:00 horas, na Libraría Berbiriana (Rúa Santiago, 7), na Coruña, Ronsel Pan presenta A plus tard, publicado por Toxosoutos.
A Coruña: Diagonismos IX
Ramil (Agolada): Festa de benvida ao verán na Eira da Xoana
Compostela: Taller de artes escénicas arredor de Neorretranca e posmorriña
Gres (Vila de Cruces): presentación de Detrás dos perdidos, de Pedro Rielo
Ledicia Costas: “A literatura ten que axudar a comprender a sociedade en que vivimos”
Entrevista de Daniel Salgado a Ledicia Costas en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Infamia é unha novela onde hai moita violencia, en diversas variantes: contida, estrutural, explícita, soterrada. Que percibe no mundo que lle fai escribir algo así?
– Ledicia Costas (LC): Eu quería escribir unha historia humana pero sobre violencia. E era consciente, cando estaba traballando, de que estaba facendo unha historia sobre violencia. Creo que nesta sociedade hai moitísima e quería escribir sobre esa violencia, tanto estrutural como doutro tipo, a violencia física explícita, que nos rodea. Son unha autora implicada na sociedade na que vivo e creo que a literatura tamén ten que ser un relato social, ten que axudar a construír o relato social e a comprender a sociedade na que vivimos.
– SG: Na súa recoñecida obra infantil e xuvenil adoita empregar elementos fantásticos. Porén, na publicada en coleccións para adultos o estilo é realista. É premeditada esta distinción?
– LC: Creo que é unha coincidencia. Porque ao final as miñas obras en coleccións infantís e xuvenís, aínda que teñan moito de fantasía, tamén falan de conflitos sociais. O que pasa é que tanto en Un animal chamado néboa (Xerais, 2015), en que quería falar explicitamente sobre episodios moi concretos da Segunda Guerra Mundial, como nesta, quería contar historias moi apegadas ao mundo real. Pero é unha coincidencia. Non é que faga unha distinción cando escribo infantil e xuvenil. De feito, teño obras de infantil e xuvenil que son realismo social, como Unha estrela no vento (Xerais, 2000), que escribín cando tiña 16 anos, ou mesmo O corazón de Xúpiter (Xerais, 2012), que fala sobre o ciberacoso e o acoso escolar. En Infamia quería escribir unha obra de corte social, moi apegada á realidade. Non sei se no futuro me atreverei a facer unha obra para adultos onde haxa fantasía.
– SG: Di que a literatura debe construír relato social. En Infamia aparecen o machismo, o poder policial, a homofobia, a corrupción na Igrexa. Unha novela pode funcionar como instancia de denuncia?
– LC: Ás veces teño a impresión de que a miña visión da literatura é un pouco utópica. Pero creo que si, que a literatura debe servir como instrumento de denuncia. É unha percepción moi persoal. De feito hai cousas que eu trato nesta obra que están saíndo agora, como a pederastia no seo Igrexa católica. A literatura ten o dereito a denunciar, xa non digo a obriga, porque logo cada autora e autor fai o que considera. Mais polo menos eu como autora teño o dereito de falar e de denunciar cousas que suceden a través da literatura. (…)”
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 28 de xuño
O 28 de xuño continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Concerto de presentación de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 18:00 h. José Julio asina O cirrio e o dron na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:15 h. Presentación de A casa do paralelo 54 de Iria Collazo, publicado por Galaxia. Acompañarán á autora a poeta Tamara Andrés e Francisco Castro.
– 20:00 h. Presentación de Aprende Banda Deseñada con Fiz, de Kiko da Silva, publicado por Xerais. Ao remate, sinatura de exemplares na caseta da secretaría.
– 20:00 h. Diego Giráldez estará asinando exemplares de Hotel para coleccionistas discretos, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Mendinho.