A
viguesa Oriana Méndez vén de gañar o Premio Rosalía de Castro de Poesía que convoca o Concello de Padrón, e co que colabora a Fundación Rosalía. Fíxoo coa obra titulada O corazón pronúnciase extenso, baixo o lema “Unha esperanza antiga”.
A compañía A Feroz regresa ao Salón Teatro de Santiago esta fin de semana para celebrar a súa Afterparty
Desde
Agadic:
“A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego. O público compostelán terá agora dúas novas oportunidades de ver esta proposta, escrita e dirixida por Lorena Conde, nas funcións de mañá sábado, ás 21:00 h., e do domingo, ás 19:30 h.
Este colectivo artístico botou a andar hai pouco máis dun ano para, nas súas propias palabras, transcender as barreiras persoais e poñer en común sobre o escenario as preguntas que comparten como xeración, ademais de todas as posibles respostas. Así xurdiu tamén Afterparty, peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e da procura de respostas por parte desa xeración que chegou tarde a todo. A Feroz defínea como “relato emocional no que reina o espírito do lixo, do exceso posmoderno”.
O resultado é un “artefacto escénico” no que a letra, a música, o espazo e o movemento corporal foron desenvolvéndose á vez durante un proceso de creación interdiciplinar. Inés Salvado, Beatriz Romero, Gustavo Freire e Lolo Castro son os encargados de lle dar vida ao espectáculo, para o que esta fin de semana contarán coas achegas de varios colaboradores sorpresa.
Para levalo ás táboas, contaron ademais coa escenografía de Álvaro G. Mallo e Cecilia Castro, o espazo sonoro de Manuel Abraldes, a fotografía de Tamara de la Fuente e a produción de Beatriz Romero.
A venda de entradas para estas dúas funcións xa está dispoñible no web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. No despacho de billetes do teatro, poderán adquirirse desde dúas horas antes do comezo das representacións. O seu importe é de 10 euros, cos descontos habituais, para o sábado, e de 5 euros (prezo único) o domingo, Día do Espectador no Salón Teatro.”
Crónica videográfica da Gala do Libro Galego (VI)
A
Gala do Libro Galego 2019, actividade conxunta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 11 de maio de 2019, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Discurso do presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, en nome das tres entidades convocantes:
Lugo: presentación de 1[14]1, de Alberte Momán, e Origem e Ruptura, de Ramiro Vidal Alvarinho
Arousa: presentación de Atlantidae. Mulher D’Água, de Adela Figueroa
A Coruña: presentación de Lúa en Ningures, de Beatriz Maceda
Barcelona: presentación de Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco
Bases do XLV Premio de poesía Concello de Vilalba
A Coruña: Ferrados de Letras 2019
A Coruña: entrega dos Premios Literarios da A. C. O Facho para 2019
O
31 de maio, ás 19:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, a Agrupaçom Cultural O Facho convida a asistir á entrega dos premios literarios convocados pola entidade, consistentes nunha cantidade en metálico e unha biblioteca doada polas editoriais: Laiovento, Sotelo Blanco, Xerais, Galaxia, Baía e Toxosoutos.








