A Coruña: presentación de Porca terra, de John Berger, en tradución de Xoán Abeleira
Compostela e Vigo: encontro con Teolinda Gersão
Crónica fotográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (II)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica fotográfica completa, da que publicamos hoxe estas fotos:
A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Antonio Sandoval
Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria con Antonio Sandoval, celebrado o pasado 30 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Intervención no Zig-zag da Televisión de Galicia sobre a IV Xornada de Literatura Dramática
Intervención
de Afonso Becerra de Becerreá no programa Zig-zag da Televisión de Galicia sobre a IV Xornada de Literatura Dramática organizada pola AELG o 23 de novembro de 2019 na Coruña.
Pode verse completa aquí.
A proba de auga, de Anémona de Río, gaña o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético
Jorge Emilio Bóveda somérxenos nun western galego en Deserto García
Entrevista
a Jorge Emilio Bóveda no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Deserto García é a nova novela do escritor Jorge Emilio Bóveda. É un western galego cheo de violencia dunha sociedade embrutecida. O protagonista, un garda civil retirado, foxe do seu pasado mudándose a unha aldea. A entrevista pode verse aquí.”
María Reimóndez: “Ante o sistema de normalidade da violencia, hai que crear alternativas”
I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego
Desde Bitraga:
“A AGX, en colaboración coa AGPTI, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago, organiza a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2020 na Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida), en Santiago de Compostela.
Podes consultar aquí o programa.
O programa de actividades inclúe un obradoiro práctico de tradución (25 participantes). Se desexas participar, é preciso que o indiques na inscrición. Nese caso, recibirías os textos cos que se traballará con varias semanas de antelación para a súa posta en común o día de celebración da xornada.
Cota de inscrición: A inscrición para socias e socios da AGX e da AGPTI é gratuíta, para o resto de público a cota é de 10 euros, que se aboará o mesmo día da xornada.
Prazo de inscrición: até o 18 de decembro de 2019 ou até completar aforo (30 participantes).
Para anotarte, envía simplemente un correo electrónico a infoagx@gmail.com cos teus datos, indicando se desexas participar ademais no obradoiro ou non.”















