“Raúl Dans é o gañador da segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, concorreu ao certame coa obra Só un home bo, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.
A concelleira de Cultura, Sandy Cebral Gómez, sinala que “a pesar da situación excepcional na que nos atopamos por mor da pandemia do COVID-19, o Concello de Brión mantén o seu compromiso coa cultura e vén de fallar a segunda edición do Premio Laudamuco, que recaeu no dramaturgo Raúl Dans.
O xurado estivo formado por Inma López Silva, Carmen Abizanda, Damián Villalaín, Xosé Manuel Fernández Castro e Manuel Guede Oliva e as deliberación tiveron que realizarse telematicamente. Sobre a obra gañadora, o xurado destaca “ademais da súa alta calidade teatral, a vontade explícita que propón para a súa representabilidade, cuestión que vén definida tanto polo razoable número de personaxes, catro intérpretes, como a economía de medios con que pode ser resolto o espazo escénico”.
Así mesmo, en Só un home bo o xurado recoñece “unha voz dramática firme e poderosa, unha autoría solidísima, cun uso da lingua limpo e rotundo. É tamén necesario ponderar a sabia disposición do entramado escénico que logra relacionar o ritmo do argumento co tempo do discurso”. Finalmente, o xurado felicita a feliz iniciativa deste Premio, desexando unha longa vida para a cultura en tan “infaustos tempos”.”
A libraría Chan da Pólvora despídese e fecha as portas
Desd
e Nós Diario:
“Nunha carta de despedida, as impulsoras da libraría compostelá explican que as consecuencias da COVID-19 agravaron unha precariedade cunhas raíces máis fondas. “Apuntar que iniciamos unha marcha “sabe deus cara a onde”, pero facémolo coa saca chea de boas lembranzas, cunha rede de amizades indestrutible e con moitísimo aprendido!”, afirman.
O 4 de maio, as librarías galegas reabrirán as súas portas e, baixo restricións, comezarán a atender as súas clientas con cita previa. Unha delas permanecerá coa reixa baixada, a Chan da Pólvora do barrio de San Pedro en Compostela. Un pequeno recuncho dedicado principalmente á poesía.
As súas impulsoras comunicaron nunha carta aberta a súa decisión de abandonar definitivamente o proxecto. Os poetas Antón Lopo, Eduard Velasco e Alicia Fernández están detrás deste proxecto que botou a andar en 2016. O espazo está vencellado a unha editorial do mesmo nome, cuxas primeiras publicacións levaron ao público os versos de Chus Pato e Antón Blanco. A editora, explican, continuará a súa singradura.
“O golpe económico derivado do estado de alarma dificultou en maior grao o noso presente, pero tampouco queremos agochar detrás disto o tempo que levamos sen ver cumpridas as expectativas que guiaron este proxecto desde os seus inicios en tanto que espazo creativo”, recolle a misiva dixital, asinada polo libreiro de Chan da Pólvora e escritor Quico.
Nela, reflicte que alén dos Polvorín de versos, recitais nos que participaban poetas galegas, o público das actividades organizadas foi diminuíndo paulatinamente “sen importar as horas dedicadas á preparación e difusión das mesmas”. Compostela, afirman, “non precisa unha libraría ao xeito da que tentamos construír”.
“Sen máis, apuntar que iniciamos unha marcha “sabe deus cara a onde”, pero facémolo coa saca chea de boas lembranzas, cunha rede de amizades indestrutible e con moitísimo aprendido! Sen risco non hai aventura!”, continúa o autor da carta.
A misiva tamén fai fincapé nas difíciles condicións que atravesan as pequenas librarías, así como a necesidade de promover a lectura desde a infancia, alén de plans económicos específicos para estes espazos.”
Adiado o prazo para presentar orixinais ao I Premio de Poesía Filomena Dato
Carlos Callón le un poema de Inscricións e un texto de Stefan Zweig
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Inscricións polo seu autor, Carlos Callón, así como un texto de Stefan Zweig, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Héctor Cajaraville le un fragmento de De remate
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de De remate polo seu autor, Héctor Cajaraville, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Contan que contan: Francisco Fernández Naval: Os contos da avoa Pepa
Desde a AELG recollemos o
vídeo das Bibliotecas Municipais da Coruña onde Francisco X. Fernández Naval le un conto de Os contos da avoa Pepa, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.
Marcos Calveiro le un fragmento de O pintor do sombreiro de malvas
Desde a AELG recollemos a
lectura dun fragmento de O pintor do sombreiro de malvas por parte do seu autor, Marcos Calveiro, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Antonio García Teijeiro le un texto poético de Poemar o mar
Desde a AELG recollemos
a lectura dun texto poético de Poemar o mar por parte do seu autor, Antonio García Teijeiro, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Polafías Polavida, Homenaxe a Isidro Novo (IV)
Desde
a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Isidro Novo (1951-2018) foi compañeiro das Polafías da AELG desde a de Vilamartín de Valdeorras (15 de novembro de 2008), ata a celebrada nas Pontes (26 de novembro de 2017).
Hoxe Isidro Novo le “Gonçalo Lopez dizen ques cordura” (de Pedro de Valcárcel) na polafía de As Pontes o 26 de novembro de 2017.
Esta é a ligazón ao vídeo.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.
Gala do Libro Galego 2020: finalistas nas categorías de Libro mellor editado e Proxecto literario na rede
A
Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), coa coordinación xeral da primeira entidade nesta edición, convocan a quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.
Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2019 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, polo tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.
Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.
A Gala do Libro Galego conta co apoio de CEDRO, da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.
Na categoría de Libro mellor editado as obras finalistas son:
– Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos (Aira Editorial)
– Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora)
– Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
Na categoría de Traxectoria en Proxecto literario na rede as/os finalistas son:
– BiosBardia. O país dos libros en galego – César Lorenzo Gil
– Kalandraka TV
– Lecturafilia – Tensi Gesteira

