Desde
o Zigzag da Televisión de Galicia:
“Seguimos falando de libros…e de música. Porque o Bonus Track de Rosalía Fernández Rial, é unha presada de relatos do imprevisto…tecidos con letras de cancións e co lirismo propio dela. Di Rosalía: Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: presentación de Cervatos, de Lucía Novas
Betanzos: Carlos Biscaínho presenta Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas
Suso de Toro: “Escribín esta novela porque tiña ganas de volver imaxinar vidas”
Pontevedra e Carballo: presentacións de Rebeldía galega contra a inxustiza
Vértice de versos: entrevista a Yolanda Castaño
Betanzos: presentación de Doce cartas a María Victoria Moreno, de Ánxela Gracián
A Panadaría: “Historicamente o humor sempre foi un campo vedado ás mulleres”
Desde
Erregueté:
“(…) – Erregueté (E): A Panadaría é unha compañía que nace na ESAD de Galicia e que desde o primeiro momento con Pan! Pan! acadou un éxito de público e un importante recoñecemento por parte da profesión. Cal é o segredo desa carreira que se consolida con Elisa e Marcela?
– AILÉN.- O segredo foi descubrir unha forma de facer en nós. Nos inicios na ESAD, despois de varios fracasos, Areta formulou unha estrutura de western para microteatro que foi o xermolo de Pan! Pan! O seguinte paso foi a convocatoria do Xuventude Crea dese ano, que pedía que as propostas debían durar 40 minutos. Desa necesidade de dobrar a estrutura naceu o espectáculo.
– NOELIA.- Igual foi aí onde naceu esa linguaxe nosa, ese tirar do fío xa que de 20 foi xurdindo a necesidade de probar a introducir unha canción, ou incluír un elemento máis xestual, ou unha cámara lenta ou xogar con mecanismos cinematográficos.
– ARETA.- En Pan! Pan! naceron as bases do que agora é o noso traballo que sempre consistiu en ir espindo. O certo é que non tiñamos vontade de montar unha compañía. Obrigounos o feito de que Pan! Pan! funcionou moi ben e, ao entrar no Galicia Escena Pro, todo se acelerou moitísimo. O certo é que nunca nos sentamos a pensar que queriamos montar unha compañía aínda que o obxectivo era facer teatro xuntas.
– E: Esa procura do esencial na escena ofrece unha forma de facer que é o selo singular da compañía. Nesa procura do mínimo, canto hai de opción e canto de imposición da realidade dunha realidade dominada pola precariedade?
– AILÉN.- Nós non nos pechamos a probar con cousas pero descubrimos que o noso mellor xeito de facer era co mínimo porque iso permitíanos estar a nós no centro, ás actrices. A creación de ambientes, a escenografía, a música, todo podía estar en nós.
– GENA.- Esa é a aposta da Panadaría: unha aposta polo traballo das intérpretes, de ir ao mínimo, á esencia. Con maior ou menor orzamento, a súa liña é clara e non creo que se fosen gastar cartos en algo que non fose o traballo, algo que permita acompañar esa linguaxe súa de quitar aderezos.
– NOELIA.- Por iso, despois de Pan! Pan! que contou con orzamento cero, no que máis investimos foi en equipo e en formación. En Panamericana tivemos cinco formacións que nos apetecía e da que se podía beneficiar outra xente e para Elisa e Marcela puidemos ampliar considerablemente o equipo. (…)”
Vigo: presentación á prensa da edición facsimilar de Vieiro Choído, de Xosé Luís Franco Grande
O
xoves 12 de abril, ás 12:00 h, terá lugar na Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, a presentación á prensa da edición facsimilar de Vieiro choído de Xosé Luís Franco Grande, número 1 da histórica colección Illa Nova, publicado por Galaxia. Na rolda de prensa acompañarán ao autor Antón Vidal Andión, Manuel Meixide Vecino e Manuel Puga.





