A
terza feira 7 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Antonio Reigosa intervirá dentro do Ciclo Língua, Cultura e País da A. C. O Facho coa súa palestra “Galicia Encantada: A muller no imaxinario mítico-popular galego”.
Andrea Nunes e María Rosendo gañan o premio Illas Sisargas de poesía erótica
Desde
Sermos Galiza:
“Diáspora de amor balea é o terceiro poemario conxunto que acada o premio. O xurado distinguiu o libro “pola riqueza e fondura da súa expresión metafórica, que permite construír un libro de poesía amorosa cunha marcada e explícita vontade erótica”.
Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) e María Rosendo (Vigo, 1984), “voces que flutúan entre a mímese e a diferenza e dialogan a cada poema con fluidez e personalidade” en Diáspora de amor balea foron galardonadas co Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, a decimosegunda edición, nun fallo que se fixo público a noite do sábado 4 de novembro na Cea das Letras en Malpica.
Diáspora de amor balea é un espistolario a dúas voces “nas que a forza do erotismo está na distancia física entre as voces. É un erotismo imaxinado, cálido, tenro, construído desde a memoria dos corpos e, á vez, na fertilidade da imaxinación”, sinala o fallo.
Andrea Nunes vive en Nanjing (China), onde traballa como profesora de español e é autora de Corrente do esquecemento (2007) e Todas as mulleres que fun (2011). María Rosendo, que realizou estudos de filoloxía inglesa e educación social, obtivera o Premio Pérez Parallé no 2010 co libro Nómade.”
O 15 de novembro finaliza o prazo para presentar orixinais ao VI Premio de poesía Manuel Lueiro Rey
Nigrán: presentación de Os nomes do terror
Compostela: Vicente Risco. O debuxante esquecido, por Xosé Carlos López Bernárdez
O
martes 7 de novembro, ás 19:00 horas, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Carlos López Bernárdez pronunciará a palestra Vicente Risco. O debuxante esquecido, nun acto organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
Santiago: presentación de Ferro Caaveiro, o arquitecto rebelde da catedral
O
martes 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraria Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago e Compostela, preséntase Ferro Caaveiro, o arquitecto rebelde da catedral, banda deseñada cun texto do xornalista Henrique Sanfiz e deseños do debuxante Carlos Sardiña, coa presenza dos seus autores, nun acto organizado pola A. C. O Galo.
A Coruña: presentación de Libro dos lugares, de Antón Patiño
O
martes 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Librería Berbiriana (Rúa Santiago, 7), na Coruña, Antón Patiño presenta Libro dos lugares. No acto participan, xunto ao autor, Estíbaliz Espinosa, Manuel Rivas e Xabier Romero.
Compostela: XIV Simposio O Libro e a Lectura. Libro ilustrado: outra forma de ler?, os 8 e 9 de novembro
Paseo pola Coruña Literaria con Xabier P. DoCampo, o sábado 4 de novembro (prazas esgotadas)
Os
Paseos pola Coruña literaria – Outono 2017 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias escritoras e escritores que ambientaron obras na cidade.
Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.
O prazo de inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, para este paseo comeza o luns 23 de outubro.
Farase, a partir desa data indicada, na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
– 4 de novembro, de 12:00 a 13:30 h. Con Xabier P. DoCampo. Lembro cando, nos últimos anos cincuenta do século pasado, había na Coruña dezasete salas de cinema abertas. Dese xeito, o cinema chegaba a todos os barrios da cidade, cousa importante dado que era o único espectáculo que nos abría unha fiestra ao mundo exterior nun panorama de illamento cultural. A intención do roteiro é a de percorrer os lugares onde estaban aquelas salas, en especial as do centro, que eran as de estrea, aínda que falaremos tamén das outras, as de reestrea ou populares. E falaremos moito do que significaba o cinema, de como eran as salas, o público…





