Teatro do país
Artigo
publicado en Horchataenlasvenas, de Rubén Reiriz Polo:
“Xornadas sobre a Dramaturxia galega
Teatro e crítica literaria (Salón Teatro, 9-12-2016).
– Roi Vidal: “É difícil xulgar a compañeiros de profesión. É difícil ser sincero. Ás veces recibimos malas caras, outras sorrisos… O que non recibimos son cartos. A crítica escénica está mellor ca nunca pero xamais será sa se non é minimamente profesionalizada”.
– Camilo Franco: ““Falamos moito e facemos pouco. Non é culpa nosa, nin vosa, nin sequera do presidente. A crítica non pode ser subsidiaria do obxecto do que se fala”. “Ser crítico non ten transcendencia. Está cerca do onanismo”.
A misión do teatro é analizar a sociedade, divertir, tentar a profundidade filosófica… Para o porvir hai que ollalo que pasa fóra. Facer un exercicio de exixencia. “O postdrama morreu tres minutos despois de nacer. A decoración de decorados non abonda”.”
– Inma López Silva: “Os críticos optimizamos recursos. Criticamos as pezas que vemos representadas sen ler os textos orixinais. Os que escriben teatro non o fan para o papel, sería decimonónico, senón para as táboas”. Clama pola profesionalización do oficio de dramaturgo. A crítica debe documentar como a sociedade entende as cousas. “Levantamos acta dun momento de cambio do teatro galego”.”
– Manuel Xestoso: “Os que estamos afeitos ó mundo escénico temos a crítica como profesión ou a lo menos como vontade”. A Idade de Ouro, se a houbo, rematou. “Só Inma escribía en 2012 en Tempos Novos unha vez ao mes. E a profesión non protestaba moito”. Dóelle esa falta de rebeldía. Dentro da crítica non só están as de 3000 caracteres,tamén pode haber crónicas, entrevistas, reportaxes… Manuel Bragado declarou que se publican apenas quince textos teatrais ó ano pero “na Revista Galega de Teatro publicamos outras catro que non constan. Esa porcentaxe amosa unha situación dramática”. Vai máis alá. “Hai un conflito de identidades. Calquera cousa que leve o apelido galego atópase grandes dificultades”.”
Compostela: Jornadas da Língua
Mar Guerra: Norteáns, “unha epopea á castrexa”
Entrevista
de Belén Bouzas a Mar Guerra en Sermos Galiza:
“Mar Guerra, escritora e xornalista, foi galardoada en 2008 co Premio Merlín de literatura infantil por Xenaro e o misterio da mochila verde. A este seguíronlle Xenaro e a hucha do indiano, Xenaro e a negra sombra e Señor Meco –editados na colección Merlín de Xerais–. Agora, tras a publicación de Norteáns, novela editada na colección Fóra de Xogo da Editorial Xerais, tivemos o pracer de conversar coa autora para coñecer máis en profundidade o que se agocha detrás das máis cincocentas páxinas que conforman esta grande novela e que, con certeza, fará gozar a aquelas persoas que teñan interese na cultura castrexa.
– Sermos Galiza: Norteáns é unha novela histórica na cal se reconstrúe con detalle a sociedade castrexa. En que se centra o libro? Cal é o argumento principal?
– Mar Guerra: Norteáns é unha epopea á castrexa desenvolvida cos modos de pensar, sentir e actuar actuais. O ambiente arranca cun capítulo inicial contemporáneo e despois toda a narración desenvólvese no século I antes de Cristo. Trátase dunha novela coral e o que é o fío argumental da novela é unha sorte de viaxe a Ítaca, lugar que todos tiveron que abandonar, uns obrigados e outros por vontade propia. Unha Ítaca que mudou durante ese tempo que estiveron fóra, mais que continúa a ser ese lugar ao que todos devecen por volver. Con Norteáns eu tentei realizar unha achega non só de contexto histórico, senón tamén da miña filosofía vital, esas pequenas pegadas que imos deixando polo camiño e que espero que poidan achegar algo a quen as reconstrúe. (…)”
Lugo: presentación de Arquitecturas debuxadas, de Santiago Catalán
Vigo: mesa de debate Unha nova estética anovadora no ciclo das Irmandades da Fala
O martes 13 de decembro, ás 19:30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), en Vigo, terá lugar a mesa de debate Unha nova estética anovadora, coa que a Real Academia Galega continúa o ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos.
Modera: Xosé Luís Axeitos.
Relatores:
– Xosé Ramón Pena. Na procura dunha estética nacional.
– Chus Nogueira. A poesía do tempo das Irmandades na historiografía literaria galega.
– Miro Villar. Gonzalo López Abente, “o poeta do mar”.
Compostela: presentación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas
O
martes 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Montse Pena Presas e Manuel Bragado.
Ramón Blanco gaña o Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón con Se pedra na brétema
Ramón Blanco
gañou o XXIX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, coa obra Se pedra na brétema. O acto de entrega terá lugar o sábado 17 de decembro.
Compostela: Carlos Taibo presenta O penálti de Djukic
Entrevista a Tito Pérez Pérez en Radio Obradoiro
Desde
Radio Obradoiro:
“Entrevista a Tito Pérez no programa O sombreiro de Merlín, de Radio Obradoiro, centrada no seu libro Vinte fragmentos de mocidade voraz, o sábado 3 de decembro. Pode escoitarse aquí.”





