Entrevista a Antonio Reigosa en Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista a Antonio Reigosa, escritor e investigador, coordinador das Xornadas de literatura oral da AELG. Pode verse a entrevista aquí.”
Eduard Velasco gaña o Premio Díaz Castro de poesía
Desde
Sermos Galiza:
“O escritor galego-catalán Eduard Velasco vén de gañar a segunda edición do Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que organiza o Concello de Guitiriz.
A obra gañadora titúlase O filósofo coxo, e foi premiada por un xurado composto polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo. Presentáronse 44 orixinais a este galardón. A obra será publicada nos vindeiros meses pola editorial Espiral Maior. (…)”
A Coruña: Gosto de che ler un poema, Lectura pública de poesía de Luís Pimentel, con Xulio Valcárcel
Compostela: Manuel Rivas no Tac, tac, tac de Numax
O
xoves 2 de marzo, ás 18:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, terá lugar a segunda entrega do Tac, tac, tac. Un conto nun lugar nun límite de tempo, con Manuel Rivas. El será o encargado de escribir en directo un conto na vella Olivetti da libraría. Posteriormente, este texto mecanografado só se poderá ler no espazo físico da Libraría Numax durante un mes.
A actividade enmárcase na iniciativa deseñada por Suso de Toro que trae cada mes a un escritor ou escritora do noso panorama literario cunha característica en común: escribiron a máquina nalgún momento da súa mocidade. Esta proposta busca volver á experiencia analóxica na produción e lectura do texto literario. Os relatos elaborados «converteranse nalgo case máxico, que só se poderá ver indo a un lugar, como se fose sagrado», segundo o propio De Toro. Cada texto elabórase na máquina de escribir situada a carón do escaparate da Libraría Numax e apenas hai indicacións previas, permitíndose os borróns e correccións manuscritos que farán de cada texto un obxecto único.
O texto de Rivas ocupará o lugar do creado por Margarita Ledo o pasado mes de febreiro, cando botou a andar a actividade.”
A Coruña: presentación de Corazón e demais tripas, con Emma Pedreira
Diálogos Carlos Casares: Dolores Vilavedra
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Dolores Vilavedra nos Diálogos Carlos Casares. Pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Yolanda Castaño sobre A Segunda Lingua, por Estela Pan
As Neves: homenaxe a Evaristo de Sela no centenario do seu nacemento
O
xoves 2 de marzo, a partir das 12:00 horas, no salón de actos do IES Pazo da Mercé, nas Neves, terá lugar un acto de homenaxe a Evaristo de Sela por mor do centenario do seu nacemento. Vítima da represión franquista, Evaristo destaca por ser o tradutor ao noso idioma de obras moi importantes da literatura grega antiga, como a Ilíada e a Odisea, ou a primeira Filípica de Demóstenes, así como tamén de poetas modernos como Kavafis ou os Premios Nobel Elytis ou Seferis, entre outros. Tamén ten obra poética propia, en bo grao recollida nas publicacións Amar, 1945, e Versos de preso e outras rimas, 2007.
En dito acto de celebración do centenario van participar distintas persoas vencelladas dalgún xeito coa vida e obra de Evaristo de Sela, como a súa filla e tamén poeta Stella Maris González, o presidente da Asociación Cultural de Sela Agapito Valado, o helenista José Francisco González… Tamén haberá lectura dalgúns textos e estrearase ad hoc unha composición musical a partir dun poema de Evaristo. Tamén se inaugurará unha pequena exposición de láminas cunha escolma da obra do autor, elaboradas polo alumnado do centro.
Recentemente, Manuel Cabada Castro publicou en Atlántico Diario este artigo sobre o autor.
Bases do Premio de Tradución Plácido Castro 16ª edición
“A
Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas. Lémbrase, deste xeito, a figura de Plácido Castro, humanista, liberal, cosmopolita, símbolo da universalidade do nacionalismo galego que quixo estimular coas súas traducións a recuperación explícita da nosa identidade.
Poderán participar na convocatoria da décimo quinta edición do Premio Plácido Castro de Tradución todas as persoas que envíen algunha obra traducida ao galego para ser incluída na biblioteca virtual http://tradutoresgalegos.com/bivir.html, mesmo se xa foron editadas con anterioridade en formato papel. As obras deberán necesariamente estar libres de dereitos e pertencer ao dominio público no momento en que sexan enviadas a Bivir. Tamén poderán concorrer aquelas obras editadas en formato papel e non publicadas en bivir.com que sexan remitidas polos seus autores á Fundación a efectos de participar no premio.
Asemade poderán concorrer as traducións para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas
As obras que concorran ao premio enviaranse á sede da secretaría da Fundación Plácido Castro: IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) Centro Cívico Sur, rúa Luís Braille, 40, 36003 Pontevedra ou por correo electrónico a info@tradutoresgalegos.com, antes do 1 de maio de 2017.
O xurado do Premio estará composto por cinco persoas representantes de cada unha das seguintes institucións: Fundación Plácido Castro, Asociación de Tradutores Galegos (ATG), Real Academia Galega, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e Administración Autonómica. Actuará como secretario con voz e sen voto unha persoa en representación do IGADI.
O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: corrección lingüística e ortotipográfica, calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ao destinatario.
O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade da persoa premiada e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do premio.
O premio consistirá nun diploma acreditativo e unha peza escultórica deseñada expresamente para o concurso, obra de Xaquín Chaves.
A entrega do Premio terá lugar no lugar e data que sinale a Fundación Plácido Castro.”


