A Coruña: presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O xoves 26 de novembro, ás 19:30 horas, na Librería Lume (Rúa Fernando Macías, 3) da A Coruña, terá lugar a lectura, presentación e coloquio da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Fontán, de Marcos Calveiro
Bueu: presentación de Ostrácia, de Teresa Moure
A quinta feira 26 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu (Rúa de Eduardo Vicenti, 2), a Asociación para o Debate Ricardo Gómez Buceta organiza a presentación de Ostrácia, de Teresa Moure, publicado en Através. No acto participan, xunto á autora, Carlos Eirea e Lucía Novas.
Bases do IV Premio Microcatrorrelatos 2016
O xurado estará composto por Clara do Roxo, Anxo Angueira, María Jesús Fariña Busto e Amadeo Cobas.
Betanzos, Compostela e Pontevedra: Pedro Eiras nos Caminhos da Literatura Portuguesa na Galiza
Compostela: presentación de Amores sen morte/Deathless Loves, de Claudio Rodríguez Fer
O xoves 26 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Follas Novas de Santiago de Compostela (Rúa Montero Ríos, 37), preséntase a antoloxía bilingüe galego-inglesa Amores sen morte/Deathless Loves, de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Follas Novas Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Armando Requeixo, Luís Alonso Girgado, Jorge Sacido e Laura Lojo.
Jesús Castro Yáñez: “Coa poesía o que intento é converter as palabras en letras para poder dispoñer dun alfabeto infinito”
Entrevista a Jesús Castro Yáñez en Praza:
“Jesús Castro Yáñez vén de gañar a XXVIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé coa obra Os nomes e os himnos. Nado en Baltar (A Pastoriza), no 1992, o autor xa fora recoñecido antes co Minerva, o Xela Arias, o Ánxel Casal ou o II premio no certame Díaz Jácome. Di el mesmo que, para el, a poesía foi unha descuberta tardía. Pero que se foi decatando de que era o que quería facer.
– Praza (P): Que supón para ti recibir este premio? Ao lado de outros que xa gañaras como o Minerva, Ánxel Casal…
– Jesús Castro Yáñez (JCY): A resposta é predicible: este premio supón unha alegría maior por mor da publicación do libro por parte de Espiral Maior. Os anteriores, ademais de participar sempre cun volume de poemas moito menor, e aínda que supoñían un recoñecemento por parte dun xurado e unha compensación económica -factores a non desprezar para nada-, dalgún xeito recibinos cunha sensación de que gañar o premio non servía de moito se logo non ía poder chegar a un público. Os poemas quedaban para ninguén, mudos, incompletos sen un lector ou lectora, a non ser que os acabase poñendo en internet.
– P: Es moi novo, ademais. Escribes poesía desde sempre? De que maneira o lugar onde te criaches inflúe no que escribes? É un poemario bastante atento aos sentidos, que moitas veces nos sitúa no rural.
– JCY: Escribo poesía dende hai relativamente pouco. Foi unha descuberta tardía: comecei a ler poemas arredor dos dezaoito anos. Puido ter sido unha obsesión dun par de meses e nada máis se non se tivese dado a casualidade de gañar o Minerva. Dalgún xeito foi a confirmación externa a unha certeza que comezaba a ter de que iso era o que eu quería facer, escribir poesía. En canto á influencia do lugar onde me criei, podo dicir que o poema é permeable ao lugar vivido. O río -medrei ao carón do Miño, na parroquia de Baltar, en A Pastoriza- está de forma reiterada ao longo do libro.
É un poemario que presta moita atención á natureza en xeral, e en especial á auga. Non sei en que medida son imaxes que aparecen de forma inconsciente ou son buscadas, pero nun poema será difícil que fale de semáforos ou tráfico. Falarei, por exemplo, dun pomar ou dunha muller debullando fabas. Considero que é a miña responsabilidade, e non só como poeta, non evitar que o que escribo sexa rural se case toda a miña vida tamén o foi. (…)”
Galería de fotos do Paseo polo Vigo Literario do 7 de novembro, con Fran P. Lorenzo
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo polo Vigo Literario, da man de Fran P. Lorenzo, que tivo lugar o pasado 7 de novembro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Gala do Libro Galego, no Diario Cultural da Radio Galega
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Presentada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editores e a Federación de Librarías. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”