Reedición de Advento, de Manuel María
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Miguel Anxo Fernán-Vello, autor do estudo que abre a reedición de Advento, de Manuel María: “É un libro capital na poesía galega contemporánea”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Compostela: inauguración da exposición Librosconversos, con recital poético de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
No recital poético participarán: Xulio L. Valcárcel, Alfredo Ferreiro, Gonzalo Navaza, Vítor Vaqueiro, Xurxo Alonso, Carlos Fontes, Marga do Val, Ana Romaní, Román Raña, Olalla Cociña, Eduardo Estévez, Alba Cid, Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, Luís Valle, Xerardo Quintiá, Eva Veiga, Salvador García-Bodaño e Mariña Pérez Rei.
Emma Pedreira obtén o VII Premio de Erotismo Narrativas Quentes
Desde
Positivas:
“O xurado vén de informar que a obra gañadora da VII edición do premio Narrativas Quentes é a titulada Corazón e demais tripas, da que é autora Emma Pedreira, autora de longa traxectoria.
Esta experiencia da autora, principalmente como poeta, nótase na excelente escrita, na fermosura das súas descricións e na precisión da linguaxe. Os rexistros son múltiples, desde os próximos ao realismo máis brutal ate a prosa poética. Sempre hai unha contención para deixar abertas outras posibilidades. Contención rodeada sempre de certo misterio. (…)”
A Coruña: presentación-coloquio sobre Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María, con Mercedes Queixas
O
mércores 20 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do Ágora, na Coruña, terá lugar a presentación-coloquio sobre Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, de Mercedes Queixas, publicado en Galaxia. No acto, con entrada libre, haberá un encontro da escritora cos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña.
A Coruña: A acción cultural de base, no ciclo Políticas culturais na Galiza
O
xoves 21 de abril, ás 12:30 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, terá lugar, dentro do ciclo Políticas culturais na Galiza, organizado pola área de Filoloxías Galega e Portuguesa co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, o coloquio A acción cultural de base, coa participación de Pilar García Negro (presidenta de Galiza Cultura) e un representante do Centro Social Gomes Gaioso da Coruña.
Sarria: presentación de A peito descuberto. Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño, de Yago Rodríguez Yáñez
Vigo: presentación de Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, de Manuel Monge
O
xoves 21 de abril, ás 19:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Edicións Laiovento e a propia libraría presentan Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo, de Manuel Monge. No acto, xunto ao autor, participa Telmo Comesaña.



