Desde
Cultura Galega:
“O escritor lucense Arcadio López Casanova foi galardoado co Premio Otero Pedrayo en recoñecemento á súa carreira literaria. O galardón que entregan anualmente a Xunta, a Real Academia, as catro deputacións, as universidades e mais o Instituto Padre Sarmiento está dotado con 30.000 euros e quere recoñecer a persoas e institucións que fan unha contribución eminente á cultura do país e aos seus valores. A Deputación de Lugo, que corría este ano coa organización do galardón, foi quen fixo público o acordo do xurado.”
Bruxelas: recital multilingüe en homenaxe a Manuel María
A Coruña: acto literario e musical no Centenario da fundación das Irmandades da Fala
Caldas de Reis: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Pontedeume: presentación de Tártarus, de Antonio Manuel Fraga
O
xoves 19 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais. No acto, organizado polo Concello de Pontedeume, participa, xunto ao autor, Antonio Seijas.
Coristanco: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas
O
mércores 18 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca do CPI Xosé Pichel de Coristanco, Mercedes Queixas presenta Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, publicado por Galaxia, dentro dos actos da Primavera Cultural do Concello de Coristanco, nunha conversa guiada por Xan Fernández Carrera.
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 19
O
xoves 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Clube de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo.
– 20:00 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Ademais do autor, intervirán Xesús Fraga e Arturo Ponte.
Betanzos: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
Madrid: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
A Coruña: conferencia de Lois Diéguez sobre Manuel María
O
mércores 18 de maio, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Lois Diéguez pronunciará unha conferencia sobre a figura de Manuel María, nun acto organizado pola A. C. O Facho.




