Compostela: presentación de Melíflua Moradía, de Lino García Salgado
Carballo: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 8 de novembro, con Inma López Silva
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria da man de Inma López Silva, que tivo lugar o pasado 8 de novembro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Lugo: presentación de Dende o conflito, de María Reimóndez
O venres 14 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Dende o conflito, de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014. No acto, xunto á autora, participan María Solar e Manuel Bragado.
Vigo: Papeis mollados, recital poético de Manuel M. Romón
O venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida, 160) de Vigo, terá lugar o recital poético Papeis mollados, de Manuel M. Romón, que vai contar co colaboración do músico Suso Cortegoso, no espazo da exposición Océano, de Antón Patiño. Unha proposta que mantén a radicalidade vangardista da lendaria aportación do autor a Rompente, mais vinculada á experimentación das novas linguaxes poéticas.
Betanzos: presentación de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras
Mondoñedo: presentación da Poesía galega completa, de Xosé María Díaz Castro
Pontevedra: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
A Coruña: XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro
O xoves 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coa participación de:
– Grupo de Teatro da A. C. Alexandre Bóveda, coa obra Palabras de víspera, de Álvaro Cunqueiro;
– Grupo de Teatro Valacar da ONCE, coa obra Orientación, de Antonio Gelpí.
– Bucanero, coa obra Horario de visitas, de Ettore Buch.
– La Tuerka 27, coa obra Ascensores, de Alfonso Zurro.
– Espello Cóncavo, coa obra Occidente, de Lino Braxe.
– Música co pianista Antonio Rumbo.
– Premio Ibán Toxeiro pola súa aportación ao teatro a Francisco Pillado.
– Presenta: Juan Fernán.
– Dirixe: Lino Braxe.
Será ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta.