Ordes: presentación de Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira

O venres 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo do Traxe de Ordes (Rúa da Feira, 5), terá lugar a presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Miguel Calvo e Ignacio Carballo.

A Coruña: presentación de Da Vida Conclusa, de Mário Herrero

AMário Herrero Da Vida Conclusa sexta feira 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria-Café Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4) da Coruña, preséntase o libro gañador do Premio de Poesía Figurante na edición de 2014, Da Vida Conclusa, de Mário Herrero Valeiro. No acto, acompañando ao autor, estará Verónica Martínez Delgado.

Crónica videográfica das IV Xornadas de Literatura e Ensino: mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI

O sábado 18 de outubroBannerIVXornadaLiteraturaEnsinoAELG2014, no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, tiveron lugar as IV Xornadas de Literatura e Ensino, baixo o título A Xeración Nós-outr@s, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Esta á e crónica videográfica do acto, onde se poden ver as seguintes intervencións:
Presentación da mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI, con Carlos Negro.
Intervención de Rosa Aneiros.
Intervención de Inma López Silva.
Coloquio da mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI, con Rosa Aneiros e Inma López Silva.

A Coruña: Paseos pola Coruña Literaria, os 1, 8 e 15 de novembro

Os1412870484151PaseosPolaCorunhaLiteraria-banner Paseos pola Coruña Literaria, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, consistirán nuns paseos pola Coruña da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.

A inscrición pódese realizar a partir do 20 de outubro na Conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888. Hai un total de 30 prazas por paseo, para maiores de 16 anos.

Os paseos serán os seguintes sábados, de 12:00 a 13:30 horas:
Xurxo Souto1 de novembro.
Inma López Silva8 de novembro.
Xavier Seoane15 de novembro.

PaseosPolaCorunhaLiteraria

Xosé Antonio López Teixeira: “A liña oficial de investigación da USC fai historia de España desde Galicia”

EntrevistaXosé Antonio López Teixeira de César Lorenzo Gil a Xosé Antonio López Teixeira en BiosBardia:
Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega (Toxosoutos) gañou o Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2013. Nesta obra, o historiador Xosé Antonio López Teixeira (Vigo, 1957) defende o poder que a Igrexa e a nobreza galegas tiñan no século XII no cerne do que a historiografía española oficial aínda hoxe define ben como reino de León ou directamente Coroa de Castela. Tamén serve este libro para reivindicar as calidades como político de Pedro Froilaz, o conde de Traba, que viviu sempre á sombra da fascinación que espertou a todos os niveis Diego Xelmírez.
– BiosBardia: A pesar de que aumentaron as publicacións que reivindican a existencia do reino medieval de Galicia, segue a ser heterodoxo encontrarse con textos coma o seu, que explican que a monarquía galega era hexemónica na política occidental cristiá ibérica até o século XIII.
– Xosé Antonio López Teixeira: A liña oficial de investigación da USC fai historia de España desde Galicia. Houbo tradicionalmente varias liñas de estudo sobre historia social, cos Irmandiños como gran símbolo. Son os propios historiadores medievais galegos os que renuncian a facer historia política. É máis, hai quen nos acusa de facermos “historia dos reis”. Non, intentamos cubrir o oco que hai na historia do poder, para coñecermos como se organizaba o territorio e quen mandaba nel. E se se analiza a documentación diplomática daqueles séculos vese que a Galicia histórica era hexemónica. (…)”