Desde
o Portal Galego da Língua:
“A Casa da Língua Comum é um projeto ao serviço da promoção da língua e a cultura que abre as suas portas o dia 25 de abril. Fica situada na rua de Emílio e de Manuel, 3, r/c – 15901 Santiago de Compostela (Galiza).
Os promotores, pessoas e entidades da sociedade civil com longa experiência e provada implicação na criação cultural, a investigação e o desenvolvimento da comunidade linguística galega, entendemos o momento presente como uma oportunidade para consolidar um novo modelo baseado no entendimento entre diferentes sensibilidades, a colaboração mútua e o aproveitamento das sinergias, para melhor servir a sociedade em que nos inserimos. (…)
A Casa da Língua acolhe os escritórios da Academia Galega da Língua Portuguesa e da Através Editora, e oferece o seu espaço a atos culturais, apresentações de livros, exposições e debate, como serviço à sociedade.” Este é o programa:
Manuscrito dun aforismo (inédito) de Celso Emilio Ferreiro
Desde Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Hai aínda moitos espazos nos que esculcar no universo literario, cultural e político de Celso Emilio Ferreiro. Un deles é aquel que fai referencia ao xénero dos aforismos, que tan ben representa na nosa tradición Rafael Dieste por falar dun caso máis coñecido. O autor de Celanova, ata onde sei cando menos nos seus derradeiros anos, acompañábase dun caderno de tapas negras onde deseñaba ou perfilaba moitas ideas, entre elas algúns aforismos. Neste Día do Libro 2015 e por cortesía da Fundación Celso Emilio Ferreiro comparto aquí un deles escrito da súa propia man.”
Noia: presentación de Cor animal, de Agustín Agra
Ferrol: actos destacados do venres 24 na Feira do Libro
O
venres 24 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:
– 18:00 h. Contacontos Os contos de Pablísimo, pola Biblioteca Municipal de Ferrol.
– 19:00 h. Xesús Constela presenta Apoteose das perchas, publicado por Embora. Participarán no acto, xunto ao autor, o xornalista Nicolás Vidal e o editor Miguel Toval.
– 20:00 h. Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas, espectáculo baseado no seu
libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
A Coruña: presentación de Terra fría, de Miguel Mato
O
xoves 23 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Paco Souto, Suso Lista, César Morán e Alfonso Costa.
Antonio Reigosa: “Internet é a unha gran oportunidade para a cultura que se expresa oralmente”
Vigo: Cara a cara [poetas], con Xosé Vázquez Pintor e Yanelis Velazco Fajardo
Entrevista a Quique Alvarellos
Desde
o Zig zag da Televisión de Galicia:
“Tino Santiago conversa co xornalista e escritor Quique Alvarellos, director da Editora Alvarellos, sobre os últimos premios conseguidos por este selo, entre eles, os concedidos pola Asociación Galega de Editores. A entrevista completa pode verse aquí.”
A Coruña: presentación de O botín da miseria, de Lino Braxe
Vigo: presentación de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo
O
venres 24 de abril, ás 20:00 horas, na JT Photogallery (Rúa Abeleira Menéndez, 13) de Vigo, preséntase Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, XXXII Premio Blanco Amor de novela, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Belén Regueira e Manuel Bragado.





