O
xoves 5 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase A Divina Comedia, de Dante, en tradución realizada por Darío Xohán Cabana, publicada por Edicións da Curuxa. No acto, xunto ao tradutor, participan Xosé Luís Axeitos, Anxo Angueira e Xulio López Valcárcel.
Xosé Vázquez Pintor: “Esta novela [Antípodas] é un lóstrego na noite”
Betanzos: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto e De Liverpool ás Sisargas, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio
O
venres 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no Salón Azul da Aula Municipal de Cultura de Betanzos, dentro das Xornadas Oceánicas organizadas pola A. C. Roxín Roxal, preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e De Liverpool ás Sisargas: a derradeira viaxe do Priam, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio, publicado por Embora.
Publicación por entregas de Tertúlia revisitada, de Xavier Alcalá, en formato dixital
Desde
o blogue de Xavier Alcalá:
“Desde o 4 de febreiro publícase por entregas Tertúlia revisitada, de Xavier Alcalá, en Palavra Comum e Praza Pública, en formato dixital. (…)
Esta revisión de Tertúlia contén unha nova novela interior, O Abrigo do Sol, que non coincide máis que en parte do seu tema básico coa novela interior de Tertúlia: a ben coñecida e reeditada Cárcere verde.
Unha edición de só cincuenta exemplares de balde para quen merque un libro
Desde
Sermos Galiza:
“Editora Emerxente e O Figurante propoñen unha nova oferta editorial para convidar a mercar libros na súa tenda. Publican un libro cunha tirada de só medio cento de exemplares que, por riba, non se pode mercar nin en libraría nin na loxa. A única maneira de se facer con As mil horas, o caderno de poemas de Alberte Momán é realizando unha compra na tenda do Figurante o antes posíbel xa que a oferta está vixente só até esgotar existencias. O catálogo está a dispor na súa tenda virtual. (…)”
Novidades de Galicia Encantada
“Para
celebrar o décimo aniversario da web Galicia Encantada, Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, na rede desde marzo 2005, fixemos (de momento) dúas cousas:
– Renovamos a estética e a organización dos contidos da web.
Nova imaxe con debuxos de Noemí López. Novas seccións con posibilidade de interactuar como “Aulas do Imaxinario” ou o “Mapa de Galicia Encantada”, e melloramos a presentación das categorías de sempre, coa axuda de Desarrollos Lugonet.
– Publicamos un libro: Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, unha edición con ilustracións de Noemí López e que publica Edicións Xerais de Galicia na colección LibroX.
Son 101 relatos en coautoría con 52 autores e autoras, entre os que destacan nomes como os do portugués Alexandre Parafita, o do brasileiro Romyr Conde, ou Antonio García Teijeiro, Marta Dacosta, Xabier López Rodríguez, Xabier P. DoCampo, Calros Solla, Rafa Quintía, Isidro Novo ou Adela Figueroa.”
Compostela: presentación do libro Marcelino Gómez Arias, de Perfecto Ramos
Betanzos: Exipto, experiencia no Nilo, conversa da experiencia creativa de Cesáreo Sánchez Iglesias con Xosé Luís Sobrino
Bases do XVIII Concurso de poesía Concello de Carral
Manuscritos: Xosé María Álvarez Blázquez
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Hoxe cúmprense cen anos do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915- Vigo, 1983). Caderno da crítica quere tributarlle un recoñecemento a un autor que sempre admirou e que abrazou con convicción a polifacecia cultural -editor, poeta, narrador, arqueólogo, investigador, libreiro, promotor do libro galego, docente….- ao servizo do seu país.
Por esta razón incorpórase abaixo o manuscrito do poema “Solpor” -por cortesía de Xosé María Álvarez Cáccamo-, unha magnífica composición publicada postumamente nas páxinas do Faro de Vigo o 31 de marzo de 1985, aínda que foi asinado orixinalmente en Coruxo en agosto de 1982. Ás persoas interesadas na intrahistoria do poema remito ás edicións das Obras completas do autor tanto a cargo de Rodríguez Baixeras como a do propio Pepe Cáccamo.
Embaixo de “Solpor”, e por cortesía de Alfonso Álvarez Cáccamo, velaí unha tarxeta de presentación do autor, xunto cun breve texto manuscrito. A miña gratitude pola cesión de ambos documentos.”






