Antón Gómez: “Paco Carballo non morreu. É un símbolo para moitos de nós”

EntrevistaFrancisco Carballo de Belén Puñal a Antón Gómez en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Como foi esa volta a Galiza e a Vigo, ti xa como cura obreiro?
– Antón Gómez (AG): Como cura obreiro, estiven 17 anos traballando nunha empresa en quendas de mañá, tarde e noite. Francisco Carballo, aos 48 anos, xa non estaba para ir ao mundo obreiro. Despedíronme, sancionáronme, detivéronme, como a calquera cura obreiro. Houbo un tempo no que eu estaba máis dedicado ao sindicatos obreiros e el ao mundo sindical do ensino e a actividades culturais. Nese tempo tivemos menos contacto pero seguimos mantendo esa relación até que morreu.
– SG: Sospeito que o perfil do cura de esquerdas e nacionalista, é bastante incomprendido…
– AG: Si. Hai un anticlericalismo extremolaicista que considera que todos os cristiáns son iguais, e non. Eu penso que o evanxeo está máis cerca da esquerda ca da dereita. Coido que un cristián comprometido ten que implicarse tamén politicamente. Paco tíñao moi claro e eu tamén, e o papa vai por aí.
– SG: A morte de Paco Carballo deixouvos, nese sentido, un pouco máis sós.
– AG: Si, en Galiza Paco Carballo era unha institución. A todos os niveis. El era capaz de escoitar a todo o mundo, de dialogar con todo o mundo. Tiña unas bases históricas moi elaboradas. Co que deixou escrito temos unha pequena biblia. O que sabía, sabíao transmitir, facíase escoitar, e era acolledor. Era un home entregado, nunca pretendeu nin carreiras nin honores, senón ser unha persoa normal, cando como historiador e teólogo podía falar de ti a ti con calquera porque estaba ao día en todas as correntes. Aínda que nunca se dixo que era teólogo da liberación, a súa liña ía pola teoloxía da liberación. (…)”

Presentadas as actas dun simposio sobre lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa

Desded1aa07_portada-lingua-id Cultura Galega:
Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa é unha publicación que se achega a esta zona xeográfica desde a perspectiva histórica, antropolóxica pero sobre todo lingüística. O volume, foi presentado o xoves 29 de xaneiro por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ernesto González, director do Instituto da Lingua Galega (ILG) e Xulio Sousa un dos tres editores deste volume xunto con Rosario Álvarez e Marta Negro. A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións así como as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume. Nel tamén se analizan os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.”

Manuscritos: Xosé Díaz Jácome

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nos fondos da Fundación Penzol consérvase este manuscrito que desde aquí se dá a coñecer. Trátase do poema “Éstase” de Xosé Díaz Jácome, autor que foi de tres libros de poemas: Primeiras cantigas de amor (1936), Pombal (1963) e Muíño Fidel (1983). Este que aquí se incorpora asínao o autor mindoniense, en papel timbrado do Faro de Vigo -xornal no que traballou durante moitos anos como xefe de redacción-, o 12 de decembro de 1953. A miña gratitude á Fundación Penzol pola cortesía.”

dc3adaz-jc3a1come01dc3adaz-jc3a1come02

Vigo: presentación de Galicia: un pobo con futuro?

OGalicia un pobo con futuro? xoves 5 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar, publicado en Xerais. No acto participan Santiago González Avión, Xosé Manuel González Reboredo, Manuel Bragado e o editor do mesmo, Manuel Blanco Desar.

Tabela dos Libros de febreiro de 2015, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada comezo de mes, na Tabela dos Libros danse a coñecer os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

2015_febreiro_tabela

Compostela: presentación de Espectros, de Rosa Enríquez

ORosa Enríquez por Eduardo Castro Bal mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, Rosa Enríquez presenta o seu novo libro de poemas, Espectros, publicado pola editora O Figurante. No acto, xunto á autora, participan María do Cebreiro e Ismael Ramos.