A
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra no Gaiás o Día das Letras Galegas cun recital poético-musical organizado polo Centro PEN Galicia para homenaxear ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
O evento Díaz Castro, perdido no traxecto e salvado por un anxo, terá lugar na Biblioteca de Galicia na véspera do Día das Letras, o venres 16 de maio, a partir das 19:00 horas. O escritor Armando Requeixo será o encargado de introducirnos na figura do autor de Nimbos, na súa obsesión pola perfección e a súa preocupación por Galicia e polos problemas do ser humano: a vida, a morte, o tempo. Tras el, Alba Cid, Luís González Tosar e Salvador García-Bodaño celebrarán a Díaz Castro a través dun recital poético. Marta Quintana e Cuchús Pimentel porán a nota musical do acto.
Ferrol: Somos cultura, somos poesía, no Ateneo Ferrolán
O
xoves 15 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, terá lugar un recital solidario de poesía, coincidindo co Día das Letras Galegas. Recitan en directo Miguel Anxo Fernán-Vello, Eva Veiga, Xosé Leira, Rosa Méndez, Sergio Fernández, Fátima Fernández, Ángeles Delgado e Xurxo Gago, co acompañamento musical da violinista Estrela Gómez e o cantautor Fernando Naveiras, “Fefi”.
Monforte: concerto Letras Galegas 2014, de César Morán
Compostela: exposición Biblioteca de olladas
Barcelona: presentación de Remontar o río, de Helena Villar, e de Sobre ruínas, de Xesús Rábade
O Couto, Ponteceso: Xabier P. DoCampo no Festiletras
A Coruña: charla de Xesús Manuel Valcárcel sobre Xosé María Díaz Castro
O
venres 16 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n.) da Coruña, Xesús Manuel Valcárcel falará sobre Xosé María Díaz Castro: poesía galega da paisaxe. Tamén se inaugura a exposición que organiza a propia Biblioteca arredor da figura de Díaz Castro.
Arteixo e A Coruña: presentacións de O neno e a estrela e sesión de contacontos
Santiago: presentación de Fóra de portas, de Roi Vidal
O
venres 16 de maio, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda de Santiago de Compostela (Rúa Travesa, 7, baixo), preséntase o libro Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, de Roi Vidal, publicado por Positivas, nun acto onde estará acompañado por Francisco Macías. Seguidamente, ás 21:00 h., o público asistente poderá acompañar ao autor e proseguir a conversa en Fillos da Malte (Cruceiro de San Pedro, 14).






