Outeiro de Rei: actividades da Fundación Manuel María polo Día das Letras Galegas
“Dicía
Manuel María que a Terra chá era unha auténtica “patria poética” cun aquel que a facía territorio idóneo para a ensoñación e a creación literaria e que iso explicaba que dela fosen saindo tantos autores e autoras para as letras galegas. Con Xosé María Díaz Castro as letras galegas fanse chairegas e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos anima a achegarse este sábado á comarca de nacemento do autor homenaxeado e á do propio Manuel María.
A Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei -emprazada na que foi casa natal do poeta, a Casa de Hortas -abrirá as súas portas co horario habitual de todos os sábados (11:00 a 14:00 e 16:30 a 18:30 horas) e ofrecerá ás persoas que a visitaren diferentes propostas que buscan facer do Día das Letras unha xornada especial na que Xosé María Díaz Castro será protagonista central.
O auditorio da Casa Museo acolle desde hai varios días unha mostra fotográfica e documental que dá conta da relación literaria e persoal existente entre Díaz Castro e Manuel María. Unha das iniciativas que se proporá ás persoas visitantes da xornada é a gravación da lectura dun poema de Díaz Castro (con cámara, dispositivo móbil, etc). Dáse, así mesmo, a posibilidade de gravar o recitado desde a casa ou desde outro lugar, para que non se puider achegar fisicamente a Outeiro de Rei, e igualmente envialo á Fundación: as gravacións pódense enviar a fundacion@manuelmaria.com. Todas xuntas comporán logo un videopoema colectivo de homenaxe ao poeta dos Vilares.
Outra das propostas que a Casa Museo formula a quen a visitar o sábado é sumarse á moda do selfie fotográfico e autorretratarse incluindo, neste caso, a Díaz Castro e ao propio Manuel María na autofotografía para logo difundir a imaxe nas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram).
Todas e todos os visitantes da Casa Museo durante a xornada das Letras recibirán como agasallo un exemplar de Terra chá, obra que este ano está de 60 aniversario, nunha edición especial preparada polo xornal chairego Terra cha.xa, a área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos.”
O 16 de maio de 1978 estreábase Laudamuco, señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño
Desde Edicións Positivas:
“Tal día coma hoxe, 16 de maio, pero de 1978, Teatro Antroido estreaba o Laudamuco, señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño, que é considerada a primeira función do Teatro Profesional Galego.
Cómpre lembralo e recoñecelo.”
Arteixo: recital de poesía aberto no Día das Letras Galegas
Betanzos: maratón de lectura polo Día das Letras Galegas
Rianxo: gran final de Slam Ferve a lingua
A Coruña: presentación de Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito
O
sábado 17 de maio, ás 18:00 horas, no Local Test Pop Up da Rúa Barcelona, 58, na Coruña, preséntase o libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Livraria Suévia, participa, xunto ao autor, Pilar García Negro.
Parga, Guitiriz: Festa da Fala, na Romaxe do San Alberte
Boiro: IV Romaría das Letras no Barbanza
Lisboa: palestra A subalterna que sim podia falar, de María Reimóndez
O Centro de Estudos Galegos, unidade de investigação da FCSH/NOVA, organiza a palestra A subalterna que sim podia falar, a proferir pela escritora e ativista María Reimóndez e que irá decorrer na próxima quinta-feira, 15 de maio, às 16 h. na sala 0.09 (Edifício B1) da Faculdade de Ciências Socias e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. María Reimóndez abordará as implicações de escrever em língua galega dum ponto de vista feminista e não heterossexual, assim como as tensões e hegemonias que condicionam a sua escrita na cultura galega contemporânea.
O ato será apresentado pelo professor Isaac Lourido, do Centro de Estudos Galegos. A palestra foi organizado em parceria com a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e faz parte do programa de atividades académicas e culturais Maio é galego do Centro de Estudos Galegos.
Também o 15 de maio, às 19 h., María Reimóndez realizará uma sessão sobre ativismos, cooperação e crítica feminista no Centro de Cultura e Intervenção Feminista (CCIF/UMAR, Rua da Cozinha Económica, 30, Bloco M e N, Alcântara).






