O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 31 de xullo de 2013, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro do mesmo ano.
As bases completas pódense descargar aquí.
Vigo: conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Cantares Gallegos
O
sábado 4 de maio, ás 12:00 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, s/n) de Vigo, a Fundación Premios da Crítica Galicia continúa cos seus Sábados culturais coa conferencia de Xesús Alonso Montero titulada “Cantares Gallegos”, unha nova lectura?.
Compostela: recital de Emily on the road, de Ramón Blanco
O
sábado 4 de maio, ás 22:30 horas, no Café El Puente (Rúa de Sar de Afora, 40) de Santiago de Compostela, terá lugar un recital de fragmentos do libro Emily on the road, de Ramón Blanco, publicado en Acha Escrava. No acto, xunto ao autor, participa o músico Pablo Sax, quen tocará saxo, percusións e outros efectos sonoros. A entrada custa 3 euros.
Santiago: actividades destacadas do venres 3 de maio na Feira do Libro
O
venres 3 de maio prosegue a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. O escritor Manuel Portas presenta o seu libro Faneca Brava, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participarán no acto o crítico Ramón Nicolás e Fran Alonso.
– 19:00 h. Chisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello asinarán os seus libros na caseta da Libraría Pedreira.
– 20:00 h. A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval, autor de A noite branca, publicado por Edicións Xerais e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado po Editorial Galaxia. O acto estará guiado da man de Armando Requeixo.
Padrón: presentación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
venres 3 de maio, ás 20:15 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, preséntase o libro Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor desta edición, Xosé Luís Méndez Ferrín, O Leo i Arremecághona e Manuel Bragado.
Taboleiro do libro galego (VIII), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos máis vendidos na última quincena segundo os datos ofrecidos por dezaseis librarías galegas: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith e Livraria Suévia. A todas elas a miña gratitude.”
NARRATIVA
1º-. As crónicas de Bran, de Xosé Duncan. Contos estraños.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
4º-. A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, Edicións Xerais.
5º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais.
6º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Edicións Xerais (ed. Anxo Angueira).
2º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
3º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, Edicións Xerais.
2º-. Obras completas I e II, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. Un chapeu negro e un nariz de pallaso, Montse Pena e Gonzalo Enríquez, Galaxia.
5º-. Tastarabás, de Antón Cortizas, Edicións Xerais.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.
2º-. A nena á que non deixaban ser feliz, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, A porta verde.
3º-. O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas, Edicións Xerais.
4º-. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
2º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. Man, o alemán de Camelle, Beatriz Maceda e Laura Veleiro, Galebook.
5º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Marcopola, Jacobo Fernández Serrano, Edicións Xerais.
3º-. O pobre tolo, Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.
Sarria: exposición fotográfica e presentación do catálogo do Roteiro Fiz Vergara Vilariño
Francisco Rodríguez: “O compromiso do PP con Rosalía e con Galiza é propio dunha campaña de ‘Gadis’, un suspiriño momentáneo”
Entrevista
a Francisco Rodríguez en Sermos Galiza:
“(…) Francisco Rodríguez é o autor da primeira tese de doutoramento que se leu nunha universidade galega sobre Rosalía. Vén de resgatar do esquecimento uns versos inéditos que a poeta dedicou a Salustiano de Olózaga, un político progresista que loitou pola liberdade e combateu a escravitude. Falamos con el sobre estes e outros versos rosalianos. (…)
– Sermos Galiza (SG): Valorou este inédito “significativo”. Por que é tan importante?
– Francisco Rodríguez (FR): Porque, desgrazadamente e ao igual que acontece coa historia do noso País, temos un coñecemento e un legado da obra rosaliana que non é íntegro. Por exemplo, unha boa parte dos medios impresos ou desapareceron ou as follas están rotas, arrincadas… polo que en prensa hai unha parte que xa está perdida.
Con todo, non se fixo tampouco un repaso desa imprensa. Sei que hai un xornal de Pontevedra que se chamaba El Progreso que tiña poemas dela, e outro en Ourense, de Paz Novoa, e máis un, El clamor de Galicia, na Coruña.
Iso por falar de Galiza. No exterior, en Madrid, Cuba ou Bos Aires, seguro que queda algo tamén. Este que eu exhumei non sabía a data exacta, mais sabía que estaba en La soberanía nacional e a data aproximada. (…)
– SG: En que ano escribiu a tese?
– FR: En 1987.
– SG: E foi a primeira…
– FR: Si. Queres saber por que? Porque ninguén tiña interese ningún en Rosalía. Pondo á marxe o caso de Carvalho Calero, os mellores estudos que había ao redor da súa figura, limitados pola perspectiva que tiñan, eran de fóra. Na Galiza era un tabú para non explicar en que consiste a colonización do noso pobo. As maiores barbaridades dixéronse e fixéronse no ensino.
– SG: Refírese á imaxe de poeta chorona e pusilánime que se estuda?
– FR: Non, non. Fáloche do ensino universitario! Nese que ti dis por suposto, mais non deixa de beber das universidades. Os profesores son educados nesa visión de Rosalía. Despois da tese fixen un libro que foi vetado, silenciado, na universidade de Santiago. Chegou a se dicir que era unha señora inculta, iletrada, que cometía faltas de ortografía, que era unha aldeaniña… mesmo chegaron a acusar de xenófoba. (…)”.
Santiago: lectura pública de textos de Roberto Vidal Bolaño
O
venres 3 de maio, a partir das 20:00 horas, na Alameda de Santiago de Compostela, diante da estatua de Valle Inclán, haberá unha lectura pública de textos de Roberto Vidal Bolaño. Pode ir quen queira e ler os textos que consideren. A fermosa literatura de Vidal Bolaño na voz dos seus lectores, e diante do seu admirado Don Ramón María.
Manuscritos: Alfonso Láuzara
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.

