O
martes 20 de novembro, ás 19:30 horas, no Espazo das Linguas Ibéricas (Auditorio Ambrosio Morales da Universidade de Alcalá, C/ Eloy Gonzalo, 3-5) de Madrid, Francisco Castro dará unha conferencia sobre o tema Ser escrit@r.
Santiago: conferencia de Helena Villar sobre Rosalía de Castro
O
luns 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar, 19), Helena Villar pronunciará unha conferencia sobre Rosalía de Castro.
Ledicia Costas: “O baleiro que hai en Internet é máis grande que a soidade”
Entrevista
a Ledicia Costas en La Voz de Galicia, desde Xerais:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿De que vai a novela [O corazón de Xúpiter]?
– Ledicia Costas (LC): Sobre o acoso escolar e os perigos procedentes das redes sociais e Internet na adolescencia. (…)
– LVG: Tráxica coincidencia cos varios suicidios de adolescentes ques e tefien producido por esa causa nos últimos meses.
– LC: Xusto, escribín a novela pensando que calquera dia ía acontecer unha desgraza derivada destes dous temas, ben as redes sociais ou o acoso escolar. Empeceina en setembro e dúas semanas despois suicidouse unha adolescente canadiense vítima dos dous acosos. Nos dous últimos meses van xa tres suicidios por esta causa.
– LVG: Pola temática, ¿está escrita para un público concreto?
– LC: Eu non escribo pensando nun público especial. É literatura e polo tanto é algo universal. Claro que isto pode ser un aviso para os adolescentes, claro que si, para que estean atentos ao mundo que os rodea. Pero é unha novela que pode ler calquera.
– LVG: Neste ocasión deixa a poesía pola prosa.
– LC: Eu empecei escribindo novelas. Teño outra publicada en Xerais, que se titula Unha estrela no vento (1999), e que tiña escrito aos 15 anos. De algún xeito teño que ver porque coinciden elementos do univeso, comoa estrela e Xúpiter (ri). Non, eu escribo poesia e prosa. (…)”.
A novela de Cris Pavón, Limiar de conciencia, en libre descarga
“Cris
Pavón vén de publicar a novela Limiar de conciencia -e a súa versión castelá, Umbral de conciencia– en formato ebook (pd, epub e mobi). Resultou finalista do Premio Xerais Narrativa 2009 e do Premio García Barros ‘Ken Keirades’ 2010 (non publicaron finalistas en web). Aínda así, quizais por ser unha autora inédita e descoñecida, tamén probablemente polas dificultades que atravesa o eido editorial, non puido vela publicada nin nestas nin noutras editoriais e decidiuse a autoeditala baixo licenza Creative Commons. No seu blog podedes ver unha sinopse da novela, así como outros traballos de Pavón. (…)”. Desde Tendencias Galicia Confidencial.
Vídeo do VII Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da palabra á acción
Ourense: presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
O
luns 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado en Xerais. No acto intervirán, xunto ao autor, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luís Ferreiro e Manuel Bragado. Como peche, actuará María do Ceo, acompañada de Pepe Salgado.
Entrevista a Manuel Rivas en Zig zag diario
“O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Manuel Rivas sobre a súa última novela, As voces baixas. Desde Xerais.”
Parlamento das Letras: Antonio García Teijeiro
Entrevista
de Armando Requeixo a Antonio García Teijeiro no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Antonio García Teijeiro (AGT): Eu creo que lle faltan lectores/as. Custa moito que a xente lea en galego. Hai moito traballo por diante e torpedéase con demasiada frecuencia todo proxecto en galego con mentiras pensadas para deformar a realidade. Hai unha chea de discursos que dan noxo. Non sei como se pode ser tan ruín. Precisamos, coido, de máis escritores/as con “voz propia” que dean fondura á escrita. E que conste que xa hai, pero non sobran. Tamén me gustaría que se lese máis esa literatura que marca e que modifica conceptos. Que se fuxa dos clixés moi utilizados. Que se valore a LIX para facer lectores/as sólidos pensando no seu presente e no seu futuro. Todo isto non impide que crea que a nosa literatura está a atravesar unha época magnífica, pois hai variedade de temas, editoriais que arriscan, xéneros que se teñen en conta (ai, de todos os xeitos, o teatro e a poesía…!). Existe xente nova con ganas de innovar e outros que pretenden (e conseguen) fuxir do panfleto. Destaco as traducións que se están a facer doutras linguas (ademais de Galaxia e Xerais, saliento o labor de Rinoceronte), que, sen dúbida, enriquecen o noso panorama literario. Boto en falta xornais e revistas en galego que prestarían maior atención ás nosas letras e lamento e aplaudo ese esforzo que hai que facer para que subsistan os suplementos literarios en galego. O Faro da Cultura do Faro de Vigo é un exemplo de proxecto literario noso, serio e rigoroso. Onde noto un grande avance de algo que se precisaba urxentemente é no eido da crítica. Hoxe hai críticos moi preparados que permiten que teñamos referencias do que vai saíndo do prelo e fan visible unha boa parte do que se publica no noso país. Para rematar dúas cousas: a primeira, desexo unha maior atención á LIX (xa se vai conseguindo), ademais de darlle o prestixio que ten; a segunda, salientar o conxunto de blogues que existen nos que podes entrar e deixarte guiar polo que neles se di. (…)
– AR: Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– AGT: Algo (ou bastante) xa o dixen noutra pregunta. Eu destacaría a normalidade literaria que comeza a haber. Saen constantemente autores e autoras con propostas interesantes. E conviven coas obras dos máis veteranos. O esforzo das editoriais é ben grande. Fan apostas nada doadas. E saen adiante. Gustaríame que a xente visitase as librarías. Que follease os nosos libros, agás excepcións, algo agochados entre o número de volumes publicados, bastantes deles sen interese ningún. Hai libreiros moi comprometidos co galego e a nosa literatura e debemos axudalos a subsistir para que non perdan o ánimo. Merquemos máis libros en galego, borremos os prexuízos e complexos e fagamos da nosa literatura algo que a permita seguir medrando en todos os sentidos. (…)”.
Xavier Alcalá: “Hai moitísimas semellanzas entre Fidel Castro e Franco”
“O
titular é unha frase de Xavier Alcalá tirada da entrevista que publicou o Faro da Cultura e na que o autor de Verde Oliva conversa con Lourdes Varela. Entre outras cousas, sinala que escolleu o formato da novela para contar esta historia pola necesidade de protexer a persoas reais. Pódese descargar a conversa completa, en formato PDF aquí“. Desde Galaxia.
Allariz: actos literarios con Miguel Anxo Fernández
O
luns 19 de novembro, en Allariz, Miguel Anxo Fernández terá as seguintes actividades arredor do seu libro Lume de cobiza, publicado en Galaxia:
– De 10:30 a 12:00 h. Tertulia Literaria no Centro Social da rúa do Portelo, con clubes de lectura de Maceda, Xinzo e Allariz.
– De 12:30 a 13:30 h. Encontro do autor con todo o alumnado na Casa da Cultura.
