O
sábado 26 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Concello de Mondariz Balneario, Tucho Calvo pronunciara unha charla conferencia sobre Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX.
Noia: Curso Celso Emilio Ferreiro, do 4 ao 8 de xuño
A Guarda: sinatura de libros de Francisco Castro
O
domingo 27 de maio, a partir das 18:00 horas, na Feira do Libro da Guarda, Francisco Castro asinará exemplares das súas obras.
Muxía: presentación de A narrativa mariña de Gonzalo López Abente
O
sábado 26 de maio, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Muxía, preséntase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente, publicado en Xerais con edición de Xesús Sambade. No acto participan, xunto ao editor, Félix Porto, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.
Santiago: clausura da Campaña de Animación á Lectura
A Coruña: máster oficial en lingua e usos profesionais: español/galego/inglés
O
máster en Lingua e usos profesionais (español/ galego/ inglés) da Universidade da Coruña integra materias dos ámbitos lingüístico, tecnolóxico e das ciencias sociais. O título está organizado en cinco módulos, catro obrigatorios: Informática aplicada, Xestión do coñecemento e recuperación da información, Recursos lingüísticos e novas tecnoloxías, Comunicación oral e escrita 1 (español, galego ou inglés), e un con materias optativas: Comunicación oral e escrita 2. Consulta a guía docente do mestrado premendo aquí. O programa comprende a realización de prácticas profesionais e a presentación dun traballo fin de máster.
Allariz: presentación de O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3) de Allariz, Miguel Anxo Fernández presenta a nova edición de O sabre do francés, con dous relatos novos, publicada en Galaxia.
O Porriño: presentación de A princesiña que conducía unha locomotora, de Clara do Roxo
A Coruña: concerto-recital de Estíbaliz Espinosa
A Coruña: conferencia de Alberte Suras sobre Celso Emilio Ferreiro
O
venres 25 de maio, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Alberte Suras baixo o título Aquela noite de pedra. A esperanza de Celso Emilio Ferreiro.
Previamente, ás 17:00 horas, no Salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Roberto Catoira pronunciará a charla-coloquio Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza.



