“María Solar presentounos unha vampira”
Entrevista a María Solar na Radio Galega:
“Hoxe sae á venda Adeline, a novela ‘vampírica’ de María Solar onde nada é o que parece. Unha homenaxe moderna a Carmilla, o primeiro clásico de vampiras. A entrevista pode verse aquí.”
Carlos Taibo preséntanos a súa última obra
Desde a Radio Galega:
“Carlos Taibo fala con Mari Pereira do seu último libro O nosso Porto. Um olhar a partir da Galiza. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Fallo do xurado dos premios Respira! 2024
A Coruña: presentación de Andrés Martínez Salazar. Aproximación bio-bibliográfica, de Pedro López Gómez
Montse Fajardo recibe o Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual
Desde Nós Diario:
“A xornalista e escritora Montse Fajardo resultou ser a gañadora do Premio Xohana Torres 2023, un galardón que distingue ao mellor ensaio, investigación ou creación audiovisual que, desde unha perspectiva feminista, aborda o papel das mulleres na sociedade galega. Fajardo recibiu o recoñecemento polo seu traballo de investigación O patronato franquista: un inferno para as mulleres aínda descoñecido.
“Estou moi contenta, especialmente vendo as persoas que constitúen o xurado, nomes moi recoñecidos na memoria histórica con perspectiva de xénero”, declara Fajardo a Nós Diario. “Mais sobre todo espero que o premio sirva para dar a coñecer o que significou o Patronato, a extrema crueldade coa que actuaba baixo a aparencia dun organismo benéfico”.
O Patronato de Protección a la Mujer foi unha institución pública de reformatorios da España franquista, encadrada no Ministerio de Justicia que teoricamente, tiña como obxectivos a dignificación moral das mozas das que se facía cargo –sempre menores de 25 anos– para que non as explotasen, o seu afastamento do vicio e a súa educación de acordo coa relixión católica. Porén, ese propósito traduciuse na eliminación de calquera mostra de liberdade ou de decisión sobre o corpo das mulleres que ingresaban alí.
“Abría as portas do inferno a calquera moza cuxo comportamento se afastase da moral imposta polo franquismo”, explica Fajardo. “Manter un comportamento tan indecoroso como bicar con paixón un mozo, podería ser constitutivo de ingreso nas institucións do Patronato”.
Unha vez acollidas pola institución, estas mulleres pasaban por un auténtico calvario de humillacións, agresións físicas e mesmo sexuais da man dos seus titores, que agachaban o seu delito sinalando o suposto pecado feminino. A institución, ademais, estivo relacionada coas tramas de roubo de bebés, xa que unha das causas polas que podía ingresar unha muller nova era a de quedar embarazada sen estar casada.
A coartada da beneficencia fixo que a verdade sobre esta institución tardase moito en saír a luz e, de feito, sorprende o silencio deitado sobre ela.
“Precisamente por esa imaxe de institución benéfica escapou ao escrutinio das historiadoras. Mesmo xente moi comprometida coa memoria histórica ignoraba a magnitude do que sucedía alí. Espero que este premio sirva para difundir e para afondar no seu estudo”, remata Fajardo.”
A xanela de Gálix. Antonio Reigosa
Entrevista a Antonio Reigosa en Gálix:
“(…) – Gálix (G): Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.
– Antonio Reigosa (AR): A maior fortaleza é, sen dúbida, o importante número de escritoras e escritores que escriben en galego pensando nos lectores máis novos. Moitas autoras e autores, moitas e excelentes obras de alta calidade. Aí están os premios nacionais e de primeiro nivel que mereceron moitas e moitos deles nas pasadas décadas. Un luxo para un país tan pequeno. A maior debilidade é a mesma que afecta á nosa lingua; non darmos superado colectivamente esa barreira indecente construída cos prexuízos que aínda aniñan en moitas e moitos dos nosos conterráneos.
– G: Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución
– AR: Fundamentalmente nas temáticas. Segundo evolucionamos socialmente van mudando os temas. Escribir non deixa de ser un diálogo co mundo no que vivimos e é lóxico que as autoras e autores reflictan as problemáticas que nos afectan en cada momento.
– G: Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?
– AR: A pesar de que nin a LIX en particular nin a literatura galega en xeral dispoñen de espazos suficientes de difusión nos medios de comunicación, a pesar de que non temos revistas especializadas nin unha crítica normalizada, nin tampouco programas de radio ou TV dedicados especificamente á LIX, creo que existe, grazas, sobre todo, aos profesionais das bibliotecas e a un sector importante do profesorado un aceptable coñecemento do que pasa no mundo editorial galego arredor da LIX. (…)”