Festa das Letras Galegas en Madrid
Miguel Mato traza no seu libro o retrato literario do Pereiro transgresor
(Xornal)
María Lado gaña o III Certame de Poesía María Mariño
A
poeta ceense María Lado ven de gañar o III Certame de Poesía María Mariño, convocado pola Asociación Cultural Teenses pola Igualdade. Pola súa banda, o moañés Xosé Daniel Costas Currás recibiu o segundo premio do mesmo concurso. O xurado, formado por Lino Braxe, Xavier Crespán, Helena de Carlos, María Teresa Filloy Chao e María Xosé Rodríguez, valorou a calidade dos traballos presentados ao certame. A entrega dos premios terá lugar o 27 de maio no transcurso dunha cea-festa. Vía Fervenzas Literarias.
A Coruña: Gala homenaxe a Lois Pereiro, con poesía e música
O
mércores 11 de maio, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar unha Gala homenaxe a Lois Pereiro, composta por un recital poético de compañeiros de Lois Pereiro no grupo De Amor e Desamor e un concerto de Manu Clavijo versionando obras do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A Coruña: conferencia de Manuel Rivas sobre Lois Pereiro
O
mércores 11 de maio, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, Manuel Rivas falará sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, nun acto organizado pola A. C. O Facho.

