A Coruña: representación de Corporal (je t’aime) e Contra a morte
O martes
17 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán) da Coruña, preséntanse dous proxectos en proceso: por unha banda Carlos Neira e Antía Otero están a desenvolver con actores (Roi Fernández, Laura Fandiño, Olaia Tesouro e Estevo González) un exercicio escénico e performático titulado Corporal (je t’aime) partindo de textos e da figura do autor monfortino; e, por outra banda, Iago Martínez e Alexandre Cancelo realizaron un documental sobre Lois Pereiro titulado Contra a morte. O dito documental está en proceso de finalización pero será presentado polos autores proxectando unha serie de fragmentos e de partes do documental.
Santiago: presentación de O negro leite da aurora, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez
O
martes 17 de maio, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, preséntase o libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos.
Pazo de Goiáns (Boiro): I Romaría das Letras
O
martes 17 de maio, na finca do pazo de Goiáns, en Boiro, celébrase a I Romaría das Letras no Barbanza, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Asociación Artesá e Etnográfica O Faiado-2, a Asociación de Veciños Cruceiro do Monxo, a Escola de Música Municipal e o Concello de Boiro. Do programa salientamos as seguintes actividades literarias:
– 12:00 horas: presentación do libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro (Editorial Toxosoutos), coa presenza dos seus autores: José Luis Calvo e Carlos Gegúndez López, así como de David González Couso.
– 16:00 horas: recital de textos de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.
Santiago: presentación de Pacto de cabaleiros, de Raúl Veiga
Universo Pereiro
Arzúa: En castellano no hay problema: Do plan de normalización ao plan de extinción da lingua galega, conferencia de Carlos Callón
O
luns 16 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal de Arzúa, terá lugar a conferencia En castellano no hay problema: Do plan de normalización ao plan de extinción da lingua galega, a cargo de Carlos Callón, nun acto convocado polo Concello de Arzúa.
Vigo: lectura pública da obra de Lois Pereiro, e recital poético-visual con poemas seus
O
luns 16 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Rúa Martínez Garrido, 21) de Vigo, terá lugar unha lectura pública da biografía de Lois Pereiro, en véspera da celebración do Día das Letras Galegas, na que participarán tanto autoridades, como o concelleiro de cultura, Xesús López Carreira, como todas aquelas persoas que queiran acercarse á biblioteca. Tras este achegamento á vida do autor a poeta Olga Patiño levará a cabo un recital poético-visual no que presentará algúns dos poemas máis relevantes de Lois Pereiro, acompañada polo escritor Francisco Fernández Naval e a fotógrafa Maribel Longueira.
A Coruña: presentación da Guía AGPI 2011
O luns 16 de maio, dentro
da FESTA DO LIBRO, a partir das 20:00 horas, no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, preséntase a Guía AGPI 2011, da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Ferrol: presentación de As outras historias, de Paula Carballeira
O
luns 16 de maio, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, presentación de As outras historias, de Paula Carballeira, publicado en Galaxia, e sesión de contos-poema con Paula Carballeira e Chiqui Pereira.

