Entrevista
a Ana Romaní en Galicia Hoxe:
“A pesar da dureza coa que está concibido -e desenvolvido- Estremas, o final do libro deixa unha fiestra aberta, un lugar de encontro coa utopía e a esperanza. Ana Romaní fala de “reconciliación”: reconciliación co movemento e coa acción. Suspender o tempo e, sobre todo, “suspender o río que nos leva e que non nos dá para pensar”: Paralizar as augas, “e os seus confinamentos”. ¿E se o lograse? É dicir: ¡e se lográsemos paralizar as “tramas do sistema”?
Fronte a esta pregunta, a resposta da poeta é “¿por que non vai ser posible?” e a resposta, recoñece, “pode ser a consecuencia desta idade á que chegamos: pode ser unha nova estación”.
No da idade, Ana Romaní é clara: “o momento é moi duro e a nós cóllenos exhaustos: espero unha renovación na que nós nos seremos xa os protagonistas, pero todos temos un pouco de responsabilidade de non deixar sós aos que veñan detrás”.
A sensación política, subliña, “é de desvalimento, de estar á intemperie, pero de aí necesariamente teñen que saír novas formas de organización: non cuestionamos as causas para acabar reproducindo unha causa igual”.
Dez anos de Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz
Quiosco: Núa, 1
As Últimas paisaxes de Novoneyra
Daniel Iglesias gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración
(Xornal)
Claudio Rodríguez Fer presenta o mércores 2 en Santiago o seu novo libro
(Xornal)
Jan estivo alí, de Xosé Antón Neira Cruz, sae en coreano
Lugo: presentación de Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, de Carlos Nuevo e Emílio Xosé Ínsua
O
luns 31 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia (a carón da Catedral) de Lugo, preséntase o libro escrito en colaboración por Carlos Nuevo Cal e Emílio Xosé Ínsua Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, que obtivo o Premio Ánxel Fole na edición do 2009. Crónica posterior en El Progreso.
Francisco Castro: “As monarquías non teñen sentido ningún nunha democracia”
Entrevista a Francisco Castro en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Francisco, se collemos como referecia os últimos dez anos das nosas vidas, e con respecto á evolución e situación da lingua galega, dende todos os ámbitos susceptíbeis de ter en conta á hora de facer resumo e balance, cal sería para ti a reflexión verbo do pasado, así como o futuro que nos agarda aos galego falantes nunhas circunstancias –ao meu ver e sentir– cada vez máis adversas?
– Francisco Castro (FC): Teño unha amiga que o outro día se definía como ilusionada pero sen facerse ilusións. Pois eu igual. Quero dicir, que eu son de natural optimista. E tamén optimista á forza, porque coido que o pesimismo leva ao suicidio, e é algo que non nos podemos permitir como país. Non teño outro remedio, como escritor, como editor, como pai, como persoa, que ser optimista e seguir apostando por esta lingua, incluso e a pesar de que moitos galegos e galegas non apostan por ela. A situación véxoa complexa, pero só se temos fe no futuro imos poder gañar esta batalla na que, a priori, temos todas as de perder. E eu non faría a reflexión verbo dos últimos dez anos, senón que levaría o asunto máis atrás. Teño a sensación de que nos anos oitenta do século pasado, cando eu era un adolescente, a sociedade era moito máis sensible fronte do galego que hoxe. Cústame entender que saian novas que falan dunha posible extinción da lingua e non pase absolutamente nada. Estou certo de que se perigase a costa galega, ou o marisco, ou a moda galega, sairían todos en masa a protestar. Pero este país é sabedor de que pode perder o máis propio, a lingua, e non se rebela diante dese futuro tan escuro. (…)
– GH: A literatura galega, en xeral, goza dunha estupenda saúde?
– FC: Moito mellor que a lingua, dende logo. Eu sempre digo o mesmo: que a literatura galega non é mellor ca outras do noso contorno, pero que tampouco peor. Iso é bo e é un síntoma de normalidade. Coido que neste intre publicamos libros excelentes, normaliños e malos. Como debe ser. A nosa é unha literatura completa, sen complexos, moderna, á altura, cando menos, do resto dos sistemas literarios do noso entorno. Outra cousa, dende logo, é o seu recoñecemento social. Eu aínda teño que aturar que de cando en vez me pregunten por que escribo en galego. Eu sempre digo que caín do berce cando era neno e que por iso quedei así e fago estas cousas tan raras… en fin… A saúde da nosa literatura si, é excelente.”
2010: “O ano que andaron a mover os marcos”
“O 2010 é un ano inusual. Non sempre coincide unha maré literaria tan coherente e ao mesmo tempo tan distinta na escolla dos modelos narrativos. Os premios principais que se outorgaron o ano pasado non só valoraron os vimbios dunha narración e os seus valores literarios senón que fixeron unha aposta polo atrevemento, pola procura dun novo linde nas nosas letras, a risco de que os lectores quedasen un tanto descolocados.” O artigo completo pódese ver aquí: A Nosa Terra.