Juan Tallón traba en A pregunta perfecta un “diálogo coa literatura”
Xosé Luís Axeitos reivindica no monte Gaiás a radicalidade de Manuel Antonio
(Xornal)
Darío Xohán Cabana devólvelle a vida á poesía da Occitania
A industria cultural lusófona chega a Lugo
Francisco López-Barxas: “Non sería serio quitarlle cartos á Cidade da Cultura para darllos ao teatro”
(Xornal). En relación con Castelao: Galicia Hoxe.
O arquivo de Carlos Casares poderase consultar na rede no primeiro trimestre de 2011
Muxía: Acto fundacional da Fundación Gonzalo López Abente
O
sábado 29 de xaneiro, ás 11:30 h., no salón de plenos do Concello de Muxía, terá lugar o acto fundacional da Fundación Gonzalo López Abente, que nace co fin de poñer en valor a obra e a figura do escritor Gonzalo López Abente (Muxía 1878-1963), e con vocación de ser un foco de irradiación de actividade cultural para toda a Costa da Morte. Farán a presentación Félix Porto, Alcalde de Muxía e Presidente da Fundación, e X. H. Rivadulla Corcón, Vicepresidente. Logo farase a sinatura da acta fundacional por parte dos representantes das institucións que forman parte do Padroado: Deputación da Coruña, Real Academia Galega, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e PEN Clube de Galicia, tras o que o poeta e escritor Miro Villar, membro da Comisión Executiva da Fundación, fará o laudatorio de López Abente. A continuación os asistentes trasladaranse ao cemiterio para facer unha ofrenda floral -a cargo dos familiares- diante da tumba do poeta nun acto presentado por Xesús Sambade, membro da Comisión Executiva da Fundación, e lectura de poemas de López Abente por: X. H. Rivadulla Corcón, Miro Villar, Luís González Tosar (presidente do PEN Clube de Galicia), Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG) e Xosé Luís Méndez Ferrín (presidente da RAG). Os actos continuarán coa visita á sede da Fundación (Casa das Beiras) onde será interpretado pola Coral Virxe da Barca o himno á Virxe da Barca (obra de López Abente) por primeira vez en galego, xa que nos anos 50 prohibíuselle escribilo en galego, e agora como acto de xustiza fíxose a tradución, rematándose cun ágape de confraternización para os asistentes. Crónica posterior en Galicia Hoxe.
Ferrol: presentación de Ferrol. Patrimonio e sociedade, de Rosa Méndez Fonte
O venres 28 de xaneiro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro Ferrol. Patrimonio e sociedade, de Rosa Méndez Fonte. No acto acompañarán á autora Fernando Bores, Germán Castro e Carlos Miragaya.
Santiago: actividades de xaneiro de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, na Cidade da Cultura
Os
sábados 15 e 29 de xaneiro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terán lugar estas actividades:
– 15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar. Poeta, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvolve un estudio no que aborda diferentes aspectos da obra de Rosalía de Castro.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet. Textos de Rosalía de Castro dramatizados e musicados a cargo desta compañía dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
Presenta: Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
– 29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.