O venres 10 de decembro, ás 16:00 h., no Auditorio de Galicia (Sala Ángel Brage) de Santiago de Compostela, e dentro do Foro Compostela, terá lugar unha conferencia de Francisco Castro titulada John Lennon embaixador da paz, 30 anos do seu pasamento. Give peace a chance.
Lugo: presentación de Espindo un bico, de Celsa Barja
O
venres 10 de decembro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o poemario Espindo un bico, de Celsa Barja.
Ferrol: Encontros Carvalho Calero no centenario do seu nacemento
O
venres 10 e sábado 11 de decembro, no 3º andar da Biblioteca Municipal de Ferrol, teñen lugar os Encontros Carvalho Calero, en conmemoración do seu centenario na súa cidade natal. O programa dos mesmos é o seguinte:
Venres 10
16:00-16:30 h. Recepción e entrega de material
16:30-17:30 h. Esbozo biográfico de Carvalho Calero. Relator: Martinho Montero Santalha, presentado por Mercedes Carbajales Iglesias.
17:30-18:00 h. Acto inaugural.
18:00-19:00 h. O ensaio lingüístico do profesor Carvalho Calero. Relatora: María Pilar García Negro, presentada por Pablo Santomé Soto.
19:00-20:00 h. A creación literaria do profesor Carvalho Calero. Relatora: Araceli Herrero Figueroa, presentada por Carmen Porta.
20:00 h. Actividades lúdico-culturais.
Sábado 11
09:30-10:30 h. Carvalho Calero na política galeguista. Relatora: Aurora Marco, presentada por Delia Vázquez.
10:30-11:30 h. O professor Carvalho Calero ao longe. Relatora: Maria do Carmo Henríquez Salido, presentada por Henrique Dacosta.
11:45-12:45 h. D. Ricardo, profesor na USC. Relator: José Luís Rodríguez, presentado por Bernardo Máiz.
12:45-14:30 h. Carvalho Calero e a innovación pedagóxica en Galiza. Presenta e modera: Adela Figueroa Panisse:
— Depuración e resistencia. A ‘Institución Libre de Enseñanza’ e a renovación pedagóxica en Galiza. Relator: Anxo Serafim Porto Ucha
— Fingoi, 60 anos de innovación pedagóxica. Relatores: Asunción (Siña) Fernández Puentes e Ramón Reimunde Noreña.
14:30 h. Clausura.
A inscrición é gratuíta, podéndose realizar online a través deste enlace ou no enderezo carvalhocalero.educación@ferrol.es. O número de prazas é limitado, por rigurosa orde de inscrición. Está organizada polo Concello de Ferrol: Educación, Cultura e Universidade, e colabora a Universidade de Vigo: Vicerreitoria de Extensión Universitaria (que acreditará a asistencia e participación nestes Encontros cun diploma de dez horas).
Ourense: nova edición do Roteiro literario de A esmorga
O
venres 10 de decembro, a partir das 18:30 h., a Sección de Literatura do Liceo de Ourense convoca unha nova edición do Roteiro Literario de A esmorga, que terá o seu inicio no lugar de saída habitual, na Avenida de Zamora, para logo irse desprazando ao longo da cidade medieval polos mesmos espazos físicos e emotivos que percorreron os personaxes da inmortal novela de Eduardo Blanco Amor, estando nesta ocasión a lectura dos textos a cargo dos alumnos do Instituto Otero Pedrayo. O peche deste novo Roteiro farase diante da Estatua do escritor ourensán na Praza do Bispo Cesáreo, rematándo cun viño galego na Sala de Tertulia do Liceo.
Pontevedra: presentación de O clamor da rebeldía, de María Pilar García Negro
O
xoves 9 de decembro, a partir das 20:30 h., na Galería Sargadelos de Pontevedra, preséntase O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro, publicado en Sotelo Blanco. O acto está organizado pola Asociación Maio Longo e o Concello de Pontevedra.
Pontevedra: presentación de A Galicia heterodoxa, de Carlos Pereira
Ourense: presentación de O libro dos cans, de Estevo Creus
O
xoves 9 de decembro, a partir das 19:30 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12, baixo) de Ourense, preséntase O libro dos cans, de Estevo Creus, publicado en Franouren. No acto o autor estará acompañado por José Manuel Bouzo e a Aula de Danza Contemporánea do Campus de Ourense (dirixida por Cia-Traspediante), que levará a cabo unha acción improvisada ou mecánica de saltos.
Monforte: presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte, de Xesús Alonso Montero
O
xoves 9 de decembro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte de Lemos, preséntase Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais, e galardonado co Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (ensaio) de 2010 e o Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción no 2009. No acto participan, co autor, Rosa María López González e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Decrescimento, crise, capitalismo, de Carlos Taibo
O
xoves 9 de decembro, ás 20:00 h., no local da Escola Popular Galega (Rúa Real nº 12) de Vigo, Carlos Taibo presenta Descrecimento, crise e capitalismo, publicado en Estaleiro Editora. Estará precedido por unha intervención de Manoel Santos, director de Altermundo.org.
Falece Marcos Valcárcel
“O
pasamento de Marcos Valcárcel, que se produce no cabodano da marcha de seu pai, pon fin a unha longa enfermidade. Galicia perde un gran investigador, erudito e divulgador da cultura galega, tarefas que o ourensán combinaba coa súa traxectoria como dinamizador cultural, xornalista de opinión, ensinante e estudioso da historia cultural, literaria e política da súa cidade e de todo o país. Autor de numerosas publicacións e cun constante labor xornalístico durante máis de trinta anos no campo do columnismo de opinión, puxo en marcha un dos blogs de máis prestixio do país, As uvas na solaina.” Vía Xornal, que tamén recolle posteriormente diversas reaccións ante a nova. Aparece recollida tamén en: Galicia Hoxe (en dous artigos), A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo, Galiciaé, Cultura Galega e Xerais. Crónica do último adeus en Xornal.
