O domingo
12 de setembro, a partir das 20:30 h., desenvólvese un recital de poesía erótica a cargo de Paco de Tano, acompañado ao piano por Sergio. Será no Bâbâ Bar (rúa Pérez Cepeda, 23), da Coruña, cunha entrada de 3 euros.
A Real Academia Galega recibe o galardón Facer País Ramón Piñeiro
Xavier Rodríguez Baixeras recibe o Premio de poesía Caixanova
O
xoves 9 de setembro ás 20:00 h., no Pazo de San Roque de Vigo, Xavier Rodríguez Baixeras recibe o VIII Premio de Poesía Caixanova pola súa obra Deserto diamantino, concedido polo PEN-Clube de Galicia.
Xavier Rodríguez Baixeras: “A vida consiste nunha desertización de riquezas”
Entrevista
a Xavier Rodríguez Baixeras en La Voz de Galicia:
“La Voz de Galicia: Deserto diamantino fai referencia a algún lugar xeográfico ou é un espazo mental?
Xavier Rodríguez Baixeras: No estado de Bahía hai unha zona moi interesante que se chama Chapada Diamantina, que é unha chaira na que se extraían diamantes. Máis ao norte hai unha zona completamente diferente, o Sertão, despoboada, moi seca. Eu comparei ambas rexións e estas cousas teñen unha dimensión simbólica. A vida consiste nunha desertización de riquezas que se perden co tempo, se gastan. Maniféstanse na creación, xa que o poeta vai perdendo a voz orixinal; no amor que se vai desgastando e secando; na idade… en fin, todo este mundo que un poboa ao longo da vida vaise perdendo. Por iso a primeira parte chameina regalía, o principio.”
A obra As Médulas, de Silvia Bardelás, chama a atención dos expertos alemáns
(Xornal)
Antonio Piñeiro: “A sobrevivencia do costureiro”
Entrevista a Antonio Piñeiro en Galicia Hoxe.
Gondomar: presentación da exposición Material metáfora, de Pepe Cáccamo
O venres 10
de setembro, ás 20:30 h., na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida do Campo da Feira, 10, baixo) de Gondomar, inaugúrase a exposición Material metáfora, de Pepe Cáccamo, que permanecerá aberta entre o 10 de setembro e o 20 de outubro, podendo ser visitada os días laborables entre as 18:00 e as 20:00 h.
En palabras do propio autor, “Material Metáfora é un texto obxectual, un libro de poemas en tres dimensións, un volume antolóxico (unha antoloxía de ideas dotadas de volume) que pretende dar corpo a un conxunto teimoso de analoxías pertencentes ao campo semántico da luz, á textualidade impresa dos libros literalmente abertos, aos alfabetos da cor, á gramática das identidades antropomórficas… Son obxectos procedentes ás veces dunha incitación discursiva, dun pre-texto verbal. Noutras ocasións foi o diálogo dos corpos físicos, o parentesco de proximidade entre significados visuais, a clave organizativa da analoxía conceptual. Metáforas, símbolos, imaxes visionarias, alegorías, símiles … os recursos retóricos cos que se construíron os poemas deste volume pertencen ao campo dos chamados procedementos imaxinativos. Son os tropos da retórica literaria (clásica, moderna e contemporánea) que eu quixen trasladar ao espazo tridimensional. Alén da madeira, o ferro, o cristal ou o papel, o material básico destes obxectos é a Metáfora, ese invento, esa substancia prodixiosa que nos permite entregar vida acústica e visual ao diálogo de identidades que labran o texto do mundo.”
Santiago: participación de autores galegos no IBBY na xornada do venres 10 de setembro
Dentro
das actividades para o venres 10 de setembro no 32º Congreso do IBBY que se celebra No Pazo de Congresos de Santiago, esta é a participación de autores galegos:
– 14:00 – 15:30 Sala Obradoiro: Mesa redonda Ilustración, ferramenta de representación de minorías, na que participa Miguelanxo Prado.
– 14:00 – 15:30 Sala Obradoiro: Mesa redonda As nenas: minoría ou maioría?, presentada por Marilar Aleixandre, coordinada por Julinda Abu-Nasr (Líbano), coa participación de Victoria Fernández, Mariasun Landa e Devika Rangachari (India)
Santiago: participación de autores galegos no IBBY na xornada do xoves 9 de setembro
Dentro
das actividades para o xoves 9 de setembro no 32º Congreso do IBBY que se celebra No Pazo de Congresos de Santiago, esta é a participación de autoras galegas:
– 14:00 – 15:30. Sala Obradoiro: Panel de Centros de Promoción e Investigación da lectura. Presenta: Elisa Yuste Tuero (España), coordina Pedro C. Cerrillo (España). Participan: Carmen Barvo (Colombia), José António Gomes (Portugal), Gemma Lluch (España), Michèle Petit (Francia) e Blanca-Ana Roig.
– 16:00 – 17:30. Dentro das sesións de comunicacións na Sala 12 (tema: Xénero e opción sexual): A educación das nenas, os estudos feministas e a literatura infantil no Estado español: algunhas claves da súa vinculación en publicacións periódicas, por Montserrat Pena Presas.
– A partir das 18:00 horas procederase á entrega dos Diplomas da Lista de Honra do IBBY, nos que este ano son galardoados Agustín Fernández Paz, como autor, por O único que queda é o amor, e Ignacio Chao, como tradutor de A noite d’O Risón.
A Coruña: presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo
A Librería
Arenas da Coruña acolle o xoves 9 de setembro, a partir das 20:30 h., a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones, que inclúe a varios de distintos poetas galegos. Na presentación participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.