Este martes 6 de xullo, ás 20:00 h., preséntase na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago a tradución da obra de Gabriel Keith Chesterton O home que era Xoves, feita por Marta Verán, publicada en 2.0 editora. No acto participan Xabier Cid e Antón Lado.
Vigo: presentación de O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro
Dentro das actividades da Feira do Libro, este mércores 7 de xullo ás 20:30 horas, Marcos Calveiro presenta o seu libro O pintor do sombreiro de malvas, Premio Lazarillo 2009, publicado en Xerais. No acto participan Ramón Trigo, Manuel Bragado e o propio autor.
Vigo: presentación de Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral, de Camiño Noia
Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o mércores 7 de xullo ás 19:30 horas, a profesora da Universidade de Vigo Camiño Noia presenta o libro Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. No acto participan, coa autora, Antón Santamarina e Antón Palacio.
Vigo: María Reimóndez e Benigno Campos asinan exemplares da súa obra na Feira do Libro
No marco da Feira do Libro de Vigo, este mércores 7 de xullo a partir das 19:00 horas, María Reimóndez asinará exemplares de O monstro das palabras, publicado en Xerais, e do resto da súa obra. A partir das 19:30 horas, fará o mesmo Benigno Campos co seu libro A cociña de Larpeiros, publicado en Galaxia.
Vigo: presentación de O soño (re)dirixido, de Vítor Vaqueiro
No marco das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 20:30 horas, Vítor Vaqueiro presenta O soño (re)dirixido, publicado por Galaxia. No acto participarán Víctor F. Freixanes, Xosé María Álvarez Cáccamo e o propio autor.
Vigo: presentación de Xuvia-Neda, de Vicente Araguas e sinatura de libros de X. R. Quintana Garrido
Dentro das actividades da Feira do Libro de Vigo, o martes 6 de xullo, ás 19:30 horas, Vicente Araguas presenta Xuvia-Neda, publicado por Xerais. No acto participarán Manuel Bragado e o propio autor.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas, Xosé Ramón Quintana Garrido asinará exemplares do seu libro Un longo e tortuoso camiño, publicado por Galaxia.
Vigo: Rosa Aneiros asina exemplares da súa obra e presentación de Dragal, de Elena Gallego
Este luns 5 de xullo, no marco da Feira do Libro de Vigo, Rosa Aneiros asinará exemplares de Sol de Inverno, Ás de bolboreta e do resto da súa obra, a partir das 19:00 horas.
A partir das 19:30 horas, preséntase a novela Dragal, de Elena Gallego, publicada por Edicións Xerais. No acto acompañará á autora Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Covalladas, de Xurxo Borrazás
No marco da Feira do Libro de Vigo, o luns 5 de xullo, ás 20:30 horas, Xurxo Borrazás presentará Covalladas, publicado por Galaxia. No acto participarán Carlos Lema, Arturo López Regueiro e o propio autor.
An Alfaya: “Son bastante egoísta cando escribo”
Teresa González Costa: “Non asumo Galicia como tarxeta postal con banda sonora de fondo”
Entrevista en Galicia Hoxe.