No Centro Social Madia Leva! (Rúa Amor Meilán 18, Lugo) continúan os actos do Mes da Lingua. Hoxe xoves 28 terán como convidado a José Manuel Barbosa, historiador e membro do consello de AGAL, que impartirá unha palestra titulada A lingua galego-portuguesa no mundo. A matriz galega. Nela tratará distintos temas como a aparición da língua galego-portuguesa no noroeste peninsular, a súa situación anterior á entrada do latín, a situación lingüística durante a Baixa Idade Media e a súa dimensión nacional e internacional. Será a partir das 20:30.
A Coruña: conferencia de Goretti Sanmartín
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 28 de maio terá lugar a conferencia Os retos da(s) lingua(s) hoxe a cargo da filóloga e profesora da Universidade da Coruña Goretti Sanmartín dentro do ciclo Lingua e Letras. Será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º) con entrada libre.
A Coruña: Oriana Méndez no ciclo Escrita(s)
Partindo da noción de “identidades relacionais”, a poeta e filóloga Oriana Méndez tratará de caracterizar a estrutura da blogosfera e provocar, así, a conversa sobre as capacidades que estas redes sociais (blogs) posúen á hora de repercutir ou influenciar no ámbito do pensamento e da acción política. É a blogosfera un novo espazo público ou unha extensión do que xa existía? É unha refundación da Democracia? Esas serán algunhas das preguntas sobre as cales reflexionar nesta sesión do ciclo Escrita(s) baixo o título A blogosfera e a pluriarquia. Que posibilidades?, na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56), hoxe xoves 28 de maio a partir das 20 horas.
Ferrol: presentación do libro de Jorge Llorca
Mañá xoves 28 de maio ás 20:00h na Galería Sargadelos de Ferrol terá lugar a presentación do libro de Jorge Llorca O salto do can. Participan no acto ademais do autor o editor Manolo Bragado e o escritor Xabier P. Docampo.
Cambio de datas da Feira do Libro de Vigo
A Federación de Libreiros de Galicia informa dun cambio de datas na Feira do Libro de Vigo, que tiña prevista a súa celebración entre os días 3 e 12 de xullo e que finalmente se celebrará do 10 ao 19 de xullo na Praza de Compostela.
A Coruña: conferencia-coloquio de Xabier P. DoCampo

Hoxe mércores 27 de maio ás 20 horas na Casa das Atochas o escritor Xabier DoCampo impartirá unha palestra-coloquio arredor do tema A literatura infantil e xuvenil galega. A entrada é libre.
A Coruña: José-María Monterroso Devesa presenta a súa nova obra
Mañá xoves 28 de maio na Libraría Couceiro da Coruña (na Praza do Libro) terá lugar a presentación do libro Mil e pico de nomes galegos do Uruguai de José-María Monterroso Devesa. O acto estará conducido polo profesor Luís Pérez e comezará ás 20:30.
A Coruña: Valle-Inclán visto polo seu neto

Oroso: presentación do Dicionario Ramón Piñeiro
O “Dicionario” Ramón Piñeiro de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría preséntase mañá xoves 28 de maio no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, en Sigüeiro, Oroso. No acto intervirán o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, o director editorial de 3C3, Antonio Puentes Chao, e o propio autor.
A Coruña: conferencia de Federico G. Martín Palmeiro
Mañá xoves 28 de Maio o doutor en Economía e
Vicedecano da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, Federico G. Martín Palmeiro, falará dentro do ciclo Economia, História e Realidade Social. A súa charla leva por título A Emigraçom galega, hoje. Incapacidade das classes dominantes galegas ou colonialismo?. Será a partir das oito do serán no local da Fundación PAIDEIA, na Praza de María Pita da Coruña. Organiza a Agrupaçom O Facho.