Campaña en defensa da lingua e contra a violencia de xénero

Os servizos de normalización lingüística da Universidade da Coruña e do Concello da Coruña, xunto coa Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, organizan unha campaña que ten por obxectivo o de vincular a defensa e promoción da lingua galega coa da loita contra a violencia exercida contra as mulleres, pois o abandono histórico da lingua por parte das mulleres pode e debe ser entendido como un tipo de violencia de xénero.
A campaña terá o seu acto principal o vindeiro 25 de novembro, Día da Non-Violencia contra as Mulleres, e consistirá nunha lectura pública dos textos que garden relación coa temática e sexan recibidos até a data.
Todas aquelas persoas interesadas en participaren poden facelo achegando o seu texto, inédito ou xa publicado, por correo electrónico ao enderezo snl@udc.es.

Máis información aquí.
Servizo de Normalización Lingüística – Universidade da Coruña
(981 167 000; extensións: 1042, 1055, 1177)

O IV Premio de ensaio Concepción Arenal declarado deserto

(A Coruña, 27 outubro 2008).- O xurado da IV edición do premio de ensaio Concepción Arenal, reunido esta mañá ás 11,30 horas na sede da Deputación Provincial da Coruña, presidido pola deputada Silvia Seixas, por delegación do Presidente da Deputación, e formado por Mª do Carme García Negro, Mª Xosé Agra, Goretti Sanmartín, Jorge García e Marta Dacosta, decidiu por unanimidade declarar deserto este premio na convocatoria correspondente a 2008.
O IV Premio Concepción Arenal, dirixido a promover estudos e traballos de investigación no eido da defensa dos dereitos da muller, dirixíase nesta edición a traballos consistentes en propostas para avanzar na igualdade entre mulleres e homes.
(Gabinete de Comunicación da AELG. Tel: 660 530 525. Correo-e: prensa@aelg.org)

Vigo: presentación de Balada de los mares del norte, de Urbano Lugrís

O próximo mércores 29 (adiántase pois un día con respecto á data anunciada), ás 20 horas na Libraría Librouro de Vigo, terá lugar a presentación da obra Balada de los mares del norte, de Urbano Lugrís. No acto no que participarán Olivia Rodríguez, XL Méndez Ferrín e Henrique Alvarellos. A actriz María Inés Cuadrado fará un recital dalgúns dos seus textos.

A Coruña: homenaxe á poeta Sylvia Plath

A Fundación Caixa Galicia e Bartleby Editores, coincidindo coa publicación da súa Poesía completa, teñen o pracer de convidar á homenaxe á poeta Sylvia Plath que terá lugar o xoves 30 de outubro, ás 20:30 horas, na sede da Fundación, e na que interverán diversas persoas do ámbito cultural galego: Xosé Abeal, Xoán Abeleira, Lino Braxe, Marica Campo, Teresa Campo, Berta Dávila, Alexandrina Fernández, Pilar García Negro, Xulio López Valcárcel, Flor Maceiras, Miguel Mato, Antía Otero, Claudio Pato, Suso Pensado, Carlos Pereira, Ana Pillado, Elvira Riveiro e Rubén Ruibal.
[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/esBLxyTFDxE" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

O próximo luns coñeceremos o ditame do premio Concepción Arenal

Co ánimo de continuar promovendo, tanto o estudo como a investigación posta en práctica de experiencias, solucións e alternativas relativas ao benestar social, e sumindo o labor de mulleres galegas, como a propia Concepción Arenal ou Rosalía de Castro, entre outras precursoras do feminismo, a Deputación Provincial da Coruña convoca a cuarta edición do premio “Concepción Arenal” para temas de interese social dirixido a premiar no ano 2008 aquelas iniciativas que teñan como finalidade a defensa dos dereitos da muller. (AELG)

II Bienal Literaria Internacional “De pedra e de palabra”

Terá lugar no Auditorio do CGAC do 25 ao 30 outubro 2008, con organización do Centro P.E.N. de Galicia, patrocinio do Consorcio de Santiago e colaboración de: International P.E.N., Consellería de Cultura e Deporte, USC, S. X. de Política Lingüística, CGAC, Deputación de Pontevedra, Museo do Pobo Galego, Ministerio de Cultura e NERIA.

PROGRAMA Sigue lendo