Rubén García, un dos nomes clave do activismo teatral galego, será soterrado hoxe cunha bandeira republicana nunha cerimonia civil en Ribadavia.
«O mundo do teatro galego espertou onte conmocionado pola morte de Rubén García, director do Mostra de Teatro (MIT) de Ribadavia e un dos pioneiros no impulso das artes escénicas no país. En Ribadavia, a súa vila natal, o Concello decretou dous días de loito oficial. O edil de Cultura, Anxo Collarte, asegurou que a noticia causou “gran conmoción” en toda a comarca do Ribeiro e mesmo fóra dela, xa que era “moi coñecido no mundo cultural e sobre todo teatral”.
O responsable da MIT e da Feira Galega do Teatro até o ano pasado, premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega do 2008, faleceu a última hora do martes, aos 57 anos […]». (Galicia-Hoxe)
Vídeo: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, “Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil” 2008
«O xurado estivo composto por Margarita Salas, da Real Academia Española; Manuel González, pola Real Academia Galega; Xavier Etxaniz, pola Real Academia da Lingua Vasca; Cristina Minguillón, pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil; Remedios Morales, pola Conferencia de Rectores de Universidades Españolas; Marta Rivera de la Cruz, pola Asociación Colegial de Escritores; Rosario González, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España; María Menéndez, polo ministro de Cultura; Jordi Sierra i Fabra e Fernando Marías, autores galardoados en edicións anteriores. Actuaron como presidente o director xeral do Libro, Archivos y Bibliotecas, Rogelio Blanco, e como vicepresidenta a subdirectora xeral de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras, Mónica Fernández.» (Ministerio de Cultura)
Recomendamos a visualización dos vídeo-relatorios ofrecidos nas I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG: Agustín Fernández Paz fala sobre os xérmolos das súas novelas; Ramón Nicolás fala sobre a obra de Agustín Fernández Paz.
O autor a ler Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-1767921422251875154&hl=es" width="300" height="245"/]
Entrevista realizada por Tati Mancebo:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=4859772255400527703&hl=es" width="300" height="245"/]
Entrevista realizada por Óscar Sánchez, unha vez realizada a presentación por Laura González Garcés (directora da Biblioteca Nodal d’ A Coruña Miguel González Garcés) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais):
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-6675543500150853542&hl=es" width="320" height="240"/]
Viena: Yolanda Castaño no Festival de Poesía “European Voices”
Yolanda Castaño viaxou nestes días a Viena, onde entre os días 23 e 25 está a ter lugar o Festival de Poesía “European Voices”. Os actos celebraranse na Literaturhaus, no Instituto Italiano de Cultura en un dos famosos e máis activos cafés vieneses, onde se poderá escoitar a última poesía europea da man de autores tamén de Francia, Alemaña, Italia, Austria e Hungría. Castaño será a única participante vida de España, sendo autora de poesía en galego e amosando as súas traduccións ao alemán, a maioría das cales son obra da escritora residente na Coruña Heidi Kunh-Böde, autora de narrativa e teatro en galego.
Compostela: conferencia de Francisco Rodríguez
<img class="alignleft" src="http://www.aelg.org/Centrodoc/fotossocios/12012874139922007dia6_035.JPG" alt="Francisco Rodr
Vídeo: O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. Docampo
“O libro das viaxes imaxinarias”, escrito por Xabier P. Docampo e ilustrado por Xosé Cobas, logo virá á luz en Edicións Xerais. Vía: blogue Días estranhos.
Xusto Beramendi gaña o Premio de Ensaio do Ministerio de Cultura
(Vieiros)
A antoloxía de narrativa Telling Stories from Galicia. Writers for a new Millennium foi presentada na Feira de Frankfurt
«Telling stories from Galicia é unha escolma en inglés de textos narrativos actuais editada pola Consellaría, co obxectivo de ofrecer unha panorámica ampla da narrativa galega presente. A profesora e crítica Dolores Vilavedra é a autora desta antoloxía na que aparecen anacos de textos de Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Xurxo Borrazás, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier López López, Inma López Silva, Teresa Moure, Miguel Anxo Murado, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro.» (Consellaría de Cultura e Deporte)
Francisco X. Fernández Naval en Culleredo e na Coruña
O mércores día 22, ás 20,00 horas na biblioteca Uxío Novoneyra de Vilaboa-Culleredo, terá lugar un recital poético de Francisco X. Fernández Naval. Participarán no acto tamén Celestino Poza e Carlos Martínez.
O xoves día 23, ás 20,00 horas na biblioteca Miguel González-Garcés da Coruña, o escritor ofrecerá a conferencia AS CREBAS, CULTURA DO REFUGALLO DO MAR, con proxección de imaxes de Maribel Longueira.
Espazo Lectura crea dous novos clubs de lectura no Val Miñor
Máis información aquí.
Bos Aires: o programa “Tempos de mulleres” do colectivo Herbas de Prata
A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o colectivo de mulleres Herbas de Prata ofrecerán esta semana os primeiros módulos do programa “Tempos de Mulleres”, que deste xeito chega a Bos Aires como fora anunciado no mes de abril pola secretaria Carme Adán.
Co fin de presentar o marco xeral das politicas de igualdade de Galicia alí onde vivan as mulleres galegas, vanse ofrecer na cidade de Bos Aires -no Centro Español de Sada y sus Contornos e no Centro Noia-Rianxo- entre os días 24 e 26 de outubro módulos de 21 horas de traballo orientados ás problemáticas da diáspora.