«O xurado tivo que valorar as corenta candidaturas presentadas, e escolleu ao galeguista Pousa Antelo pola súa “entrega permanente ó país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural”. Agora, a organizadora do premio, a Asociación Val de Láncara, preparará os actos de homenaxe ao gañador.» (culturagalega.org)
Novo número de Foeminas (Revista Virtual de Xénero)
Xa está disponíbel o número 29 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
XVI Encontros na Terra Cha
Comezando o 5 de setembro, este evento ofrecerá unha “Táboa Redonda” na que intervirán Xavier Alcalá, Xosé Martínez Romero, Antón Moreda, Avelino Pousa Antelo e Pilar Xeremías. Ver o programa na web a Asociación Cultural Xérmolos.
Bos Aires: nova presentación da novela El sastre de Lugo, de Stella Maris
O 11 de setembro terá lugar a presentación da novela de la escritora Stella Maris Latorre El sastre de Lugo (Gárgola Ediciones/Ed. Cuatro Vientos). Será ás 17:00 no histórico Café Tortoni de Bos Aires (Avenida de Mayo 829, Sala Alfonsina Storni). A presentación estará a cargo da licenciada Ana María García Albors, e será amenizada co show da parella de tango “Fátima y Peter”. A escritora asinará exemplares.
A Coruña: Óscar de Souto recitará poemas dos últimos traballos
O mércores 3 de setembro, ás 20:30 na FNAC da Coruña, o poeta bergantiñán Óscar de Souto ofrecerá un recital poético onde presentará unha mostra dos poemarios Destiño de vinganza e Azilag: Bitácora poética 2008.
A Coruña: preséntase o libro A Coruña á luz das letras
O martes 26 de agosto ás 19:00, na Biblioteca de Estudos Locais (Casa da Cultura Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga), terá lugar un recital poético musical con motivo da presentación do libro A Coruña. A Luz das Letras (Editorial TRIFOLIUM). Esta actividade é organizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega e pretende commemorar o 800 aniversario da fundación da cidade da Coruña. A publicación consta de escritos sobre a cidade de arredor de 50 autores e autoras galegos.
Celebrarase ademais un recital poético a cargo dalgúns dos colaboradores do libro: Eva Veiga, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Salvador García-Bodaño e Xavier Alcalá.
Comeza a Feira do libro de Foz
Consulte o programa na axenda de Praza das letras.
Amplíase o prazo do Premio Concepción Arenal para temas de interese social
Amplíase o prazo de entrega de propostas para o Premio Concepción Arenal ao 30 de setembro de 2008.
Bos Aires: presentación de Retratos, de Carlos Penelas
O acto terá lugar o 27 de agosto ás 18:30 no Salón de Actos Maruxa Boga (25 de Mayo 555 PB – Bos Aires). A presentación correrá a cargo de Badi Lestani, quen establecerá un diálogo co autor, e contará coa presenza da delegada da Xunta de Galicia María Xosé Porteiro e a presidenta do Centro Betanzos Beatriz Lagoa Veiga.
V Certame literario feminista do Condado
Convocado pola Assembleia de Mulheres do Condado, o prazo de presentación remata o 31 de agosto de 2008. Información: Local Social Baiuca, Rúa Redondela,11. Ponteareas (Pontevedra); tamén aquí.