O martes 3 de xuño, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Berta Dávila cunha intervención titulada “Dos sentimentos que producen os signos”, nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.
Spela Trobec e Luis Rapela na Galería Sargadelos de Ferrol
O martes 3, a partir das 11:00, e dentro da campaña “Educar para ler”, que se vén desenvolvendo desde o pasado mes de outubro, Spela Trobec e Luis Rapela traballarán cos rapaces arredor do libro De que cor es ti? (Embora). Remata así a campaña, da que a Galería Sargadelos Ferrol agradece a asistencia, interese e participación.
Xavier López Rodríguez no “Lendo Contigo” de Gondomar
Este sábado 31 de maio, ás 12:00, Espazo Lectura celebrará na Biblioteca Pública de Gondomar a sexta sesión do club de lectura compartida “Lendo contigo”. O libro proposto é A serea do deserto, de Xavier López Rodríguez, que estará presente para falar da súa obra.
Novo número de Foeminas (Revista Virtual de Xénero)
Xa está disponíbel o número 27 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
“Microcoruñas”, premios para as obras breves
Con motivo da celebración do VIII Centenario, o Concello da Coruña convoca os premios microcoruñas. Establécense tres categorías:
– Micro-relatos de 240 caracteres
– Micro-poemas de 8 versos
– Micro-curtas de 80 segundos
Calquera persoa poderá participar, sempre que a súa obra sexa inédita e garde relación coa cidade da Coruña e o seu contorno. Até o 16 de xuño de 2008. Máis información aquí.
Comezou en Barcelona o “Maio Cultural Galego”

Véxase o programa que comezou este día 29 na páxina de Rede.cat. Os actos desenvólvense na Sala d’Actes do Casal d’Associacions Juvenils de Barcelona (Ausiàs Marc, 60).
Presentación dos libros de X. Amancio Liñares Giraut en Santa Comba
O venres 30 de maio, ás 20:30 na Librería LER de Santa Comba, terá lugar a presentación dos libros de X. Amancio Liñares Giraut: Ramón Martínez López; Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira. A Baña e Brión no século XX; Son para a «Unión Barcalesa de La Habana» (1907-2007); Ciudadanos españoles en el mundo. Situación actual y recorrido histórico.
No acto intervirán Xosé Deira Triñanes (alcalde de Boiro), Emilio Grandío Seoane (profesor de Hª Contemporánea na Universidade de Santiago), Xosé Manuel López Tuñas (presidente da Asociación «Alén Mar»), Ramón Villares Paz (presidente do Consello da Cultura Galega), Antonio Puentes Chao (director editorial de tresCtres), e o propio autor.
XX Premio de narrativa “Torrente Ballester”
Até o 1 de xullo de 2008 (data de envío, non de recepción). Convocado pola Deputación da Coruña, está dotado con 25.000,00 €. Máis información na páxina web da Deputación.
V Diálogos Literarios de Mariñán
Os V Diálogos Literarios de Mariñán terán lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) do 4 ao 7 xuño de 2008. O coordinador será Román Raña. Para consultar o programa debe consultarse a web da Fundación Carlos Casares.
Preséntase en Boiro a novela de Xosé Carlos Caneiro A vida nova de Madame Bovary
A editorial Galaxia, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Proxecto Leñaverde, convídano/a á presentación da novela de Xosé Carlos Caneiro A vida nova de Madame Bovary, así como á saída do nº 35 do suplemento cultural “A voz de Barbantia”.
Acompañarán o autor do libro Xerardo Piñeiro (Concelleiro de Cultura), Carlos Lema (editor de Galaxia) e Antón Riveiro Coello, presidente de
Barbantia, que manterán unha conversa co escritor verinense. O acto terá lugar o vindeiro venres 30 de maio, na Estación Leñaverde (Centro Social) de Boiro, ás 20:30.