Entrevista a Eduardo Estévez na Televisión de Galicia:
“Veu unha pandemia e baleirou o mundo, pero a Venecia abandonada do poeta Eduardo Estevez non é unha cidade con xente pechada na casa, senón unha cidade en que os habitantes decidiron marchar. Falamos co autor deste poemario que acaba de publicar Positivas. A entrevista pode verse aquí.”
Xove: “Pasado, presente e futuro da lingua galega”, con Carlos Callón
Galiza Cultura achega a obra completa de Manuel Lourenzo
Desde Nós Diario:
“A Federación de asociacións culturais Galiza Cultura vén de anunciar a culminación do traballo de edición da obra completa de Manuel Lourenzo.
A entidade abordou o labor coa colaboración do propio autor. Fixeron as correccións precisas, achegas documentais inéditas, algunhas mesmo extraviadas ou esquecidas no arquivo persoal de Lourenzo.
A construción estrutural desta obra, sinalan, foi un proceso activo, participativo, ao que tamén contribuíu a profesora Cilha Lourenço Módia, “coa súa corrección lingüística e corrección de forma”.
“Fomos quen de ter preparados sete tomos onde se recollen unha parte importante dos 60 anos de historia do teatro contemporáneo galego, co único obxectivo de poñer a disposición das distintas compañías teatrais galegas para a súa representación e para goce do público en xeral, tanto como espectador coma lector, nunha acción estratéxica de fomento e creación da cultura e de protección, difusión, conservación e posta en valor do noso patrimonio cultural”.
Galiza Cultura destaca un compendio de obras que chega a perto dos 300 títulos. Cada un dos sete tomos acubilla arredor dunhas 800 páxinas que tratan de plasmar de xeito cronolóxico a produción dramática de Manuel Lourenzo.
Por xunto “formarán parte do patrimonio colectivo da cultura galega, sendo o noso obxectivo dar traslado deles a cantas máis persoas, entidades, asociacións, colectivos, administracións e centros de ensino para o coñecemento xeral da dramaturxia contemporánea galega”.
Manuel Lourenzo é, ademais de autor dramático, director, actor, produtor, docente, editor e activista. Unha figura pioneira sempre ligada á historia do teatro galego que segue en activo.
O pasado 14 de xuño foi homenaxeado no Salón Teatro de Compostela nun evento organizado pola Fundación Galiza Cultura e a A. C. O Galo e que serviu, ademais, para presentar oficialmente a obra completa do dramaturgo.
As persoas interesadas en adquirila poden dirixirse a Galiza Cultura [federacion@galizacultura.gal], que se encargará de facilitarlle a cadaquén as indicacións precisas de como se facer cos sete volumes que recollen o traballo dramático de Manuel Lourenzo.”
Compostela: presentación de María Casares, de Arancha Estévez
A Coruña: Simposio Florencio Delgado Gurriarán, os 3 e 10 de novembro de 2022
A Coruña: presentación de Como néboa que entra, de Luis Suñén
O 3 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase Como néboa que entra, de Luis Suñén, antoloxía bilingüe castelán-galego editada por Medulia. A selección e tradución foi responsabilidade de Xosé María Álvarez Cáccamo. Intervirán no acto o autor, o tradutor, o escritor Xavier Seoane e o director da editorial Medulia, Xulio Valcárcel.