Alberte Momán: “Gustaríame ser o Stirlitz da saga de Semionov”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Alberte Momán en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Cal é o primeiro libro que recorda ter lido?
– Alberte Momán (AM): O cabaliño de buxo, de Xosé Neira Vilas. (…)
– B: Que novela o reconciliou coa literatura?
– AM: Nunca precisei reconciliarme coa literatura. Ambos soubemos manter as distancias, buscando encontros desexados e ausencias necesarias. A Covid19 provocou que tivese máis tempo libre para ler, obrigándome a permanecer na casa. O que, dalgún xeito, é unha reconciliación, xa que o traballo nos mantiña afastados. (…)
– B: Leva vostede un diario ou un dietario?
– AM: Non, como con todo, son moi pouco constante. Se os diarios se puidesen escribir nun par de horas, completaría varios diarios por día. Non contaría o que realmente me aconteceu, senón o que imaxino que me podería suceder ou, simplemente, o que acontece na ficción do meu cerebro.
Cando teño que tomar nota de algo referente á literatura, evito pensar noutra cousa durante uns minutos, até que o teño tan interiorizado que non sabería diferenciar a ficción da realidade. En canto teño un minuto, escríboo e volvo á normalidade, onde todo é discernimento.
– B: Escribirá as súas memorias?
– AM: Non teño memoria. Espero que algún día, as persoas que me coñeceron se xunten para tomarlle unha cervexa e conten as cousas que eu non podería. (…)”
Xunta corta a colaboración co premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Desde Nós Diario:
“O Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos premios de poesía máis prestixioso da Galiza. Convócase desde 1988, organizado polo Concello de Dodro, e ademais de promover e incentivar a poesía en galego ten como finalidade lembrar e homenaxear o poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, morto prematuramente en 1986. (…)
O Concello de Dodro vén de anunciar que a Xunta deixa de colaborar con este premio argumentando desde a Dirección Xeral de Políticas Culturais que na publicación do libro premiado en 2019 (Voz do Arqueiro, de Antón Blanco) non figuraba o logo da Administración galega.
Un argumento que sorprende no Concello de Dodro, que a través dunha carta remitida á Xunta por rexistro xeral e correo electrónico lémbralle que o logo da Administración galega non figuraba en ningunha obra premiada en anteriores edicións. “Se hai que facelo a partir deste ano, estamos dispostos”, acrecentan.
Porén, indican desde o Goberno local, non obtiveron resposta malia que xa pasaron dous meses. Subliñan, ademais, que a Concellería de Cultura e Patrimonio está “firmemente disposta” a continuar con este premio de poesía “aínda que a Xunta non colabore”.”
Rocío Leira le un fragmento de Trescatorcedezaseis
Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Trescatorcedezaseis pola súa autora, Rocío Leira, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Ames: recital de poesía virtual, o 1 de maio
Andrea Maceiras le un fragmento de Conta nove estrelas
Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Conta nove estrelas por parte da súa autora, Andrea Maceiras, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
María Solar le un fragmento de As horas roubadas
Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de As horas roubadas por parte da súa autora, María Solar, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Chus Pato, Manuel Rivas, Luz Pozo: poetas galegas no portal internacional ‘Asymptote’
Desde Nós Diario:
“Escritoras recoñecidas como Chus Pato, Luz Pozo ou Manuel Rivas conforman unha selección de autoras e autores galegos entre os que tamén figuran algunhas voces máis novas da literatura galega. É o caso de Ismael Ramos, Alba Cid ou Lara Dopazo.
As súas obras, traducidas ao inglés, pódense consultar no portal internacional de poesía Asymptote, coa colaboración do Consello da Cultura Galega.
Baixo a etiqueta Galician Poetry Feature e a coordinación do tradutor Jacob Rogers, a entidade cultural destaca que coa achega destas escritoras o sitio web “ofrece una mostra ampla de temas, contidos e estilos que amosan a riqueza” da poesía galega.
O Consello da Cultura salienta, ademais, que Asymptote é un dos espazos en liña “de referencia mundial” da literatura de tradución, nun momento de incremento da lectura en soportes dixitais. Trátase dun escaparate mundial de novas traducións que conta con cinco millóns de seguidores. Desde su creación, en 2011, a web recompila obras de 121 países en 103 idiomas diferentes.
Na mesma plataforma, á escolma das escritoras galegas súmase tamén a tradución ao inglés dos poemas de autores como Kathleen March, Erin Moure, Jonathan Dunne ou o propio Jacob Rogers.”
Pere Tobaruela le un fragmento de En branco e negro
Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de En branco e negro polo seu autor, Pere Tobaruela, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Polafías Polavida, Homenaxe a Isidro Novo (III)
Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Isidro Novo (1951-2018) foi compañeiro das Polafías da AELG desde a de Vilamartín de Valdeorras (15 de novembro de 2008), ata a celebrada nas Pontes (26 de novembro de 2017).
Hoxe Isidro Novo recita “Moraima” (de Celso Emilio Ferreiro), lido na polafía de Ferreiravella (Riotorto) o 6 de decembro de 2008.
Esta é a ligazón ao vídeo.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.